"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Nos corpos piroeléctricos, polo que se carga negativamente cando aumenta a temperatura, e positivamente cando baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome dado globalmente a todos os bóvidos da subfamilia dos antilopinos, a algúns das subfamilias dos bovinos, caprinos e hipotraquinos, e a algún artiodáctilo non bóvido, como o caso do antílope americano. Teñen as patas longas e delgadas, acabadas en dedos finos protexidos por pezuños. Teñen cornos persistentes, de tipo cavicórneo, ben desenvolvidos nos machos e máis pequenos ou ausentes nas femias. Viven en rexións desérticas, estepas e sabanas, con frecuencia en grupos de varios individuos. Algunhas especies habitan en Asia, pero a gran maioría viven en África, especialmente na parte oriental. Á parte dos animais chamados propiamente antílopes, cómpre considerar tamén como antílopes o cob, o cudú, a gacela, o impala, o ñu, o duikerbok, o steenbok, o niala, o nilgau, o orix, o saiga e especies dos xéneros Addax, Ammodorcas, Madoqua, Boselaphus e Phantolops.

      2. antílope acuático [Kobus ellipsiprymnus, subFam dos hipotraguinos]

        Antílope grande, con cornos longos e separados, e cun pelame bastante longo. Ten unha mancha branca en forma de media lúa en cada coxa. Vive preto de marismas e pantanos, entre Somalia e o río Limpopo.

      3. antílope africano [Taurotragus oryx, subFam dos bovinos]

        Antílope de gran tamaño, que acada uns 200 cm de altura, de formas semellantes ao boi e de movementos pesados. Ten unha xiba dorsal, un gran papo e o rabo longo. Vive en rabaños numerosos, nas sabanas de África oriental e meridional e tamén nas rexións semidesérticas.

      4. antílope americano [Antilocapra americana, Fam dos antilocápridos]

        Mamífero ruminante propio de América do Norte, única especie actual da familia dos antilocápridos. Ten os cornos curtos e bifurcados e a pelaxe mesta, dunha cor parda dourada no lombo e branca no ventre. No lombo presenta unha gran mata de pelo longo, que pode despregar de xeito voluntario. É un animal gregario e moi veloz, ben adaptado á vida nas praderías.

      5. antílope anano

        Nome dado a antílopes de distintos xéneros (Oreotragus, Dorcatragus, etc), propios de África, caracterizados polas súas pequenas dimensións e polos cornos, tamén curtos, presentes só nos machos.

      6. antílope cabalo [Hippotragus equinus, subFam dos hipotraguinos]

        Antílope de grandes dimensións (150 cm de altura), que pola súa forma lembra o cabalo. Os cornos están dirixidos cara á parte traseira do animal e forman un semicírculo. Vive en grupos, en terreos accidentados e con abundante vexetación de Mesopotamia, Arabia e Etiopía.

      7. antílope cabalo negro [Hippotragus niger, subFam dos hipotraguinos]

        Especie moi semellante ao antílope cabalo, pero de pelame máis escuro, que vive nos mesmos lugares ca este. Tamén se coñece como egócero.

      8. antílope negro [Antilope cervicapra, subFam dos antilopinos]

        Antílope duns 80 cm de altura, co rabo moi curto. Os cornos, presentes só no macho, están moi xuntos, son longos, helicoidais e diverxentes, e rematan en punta. O dimorfismo sexual é moi acusado: o macho ten o pelame negro e branco, e a femia é de cor castaña. Habita nas sabanas que carecen de árbores de Asia tropical, especialmente na India.

      9. antílope real [Neotragus pygmaeus, subFam. dos hipotraguinos]

        Pequeno antílope, do tamaño dunha lebre, que ten os cornos moi curtos e só presentes no macho. Ten un penacho de pelos entre os dous cornos. É propio de Guinea, Nixeria e Gana. Tamén se coñece como neótrago.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da subfamilia dos antilopinos.

    2. Subfamilia de mamíferos bóvidos, que comprende un gran número de animais ruminantes de diversos xéneros, coñecidos polo nome de antílopes. Son animais gregarios, que viven nas sabanas, nos desertos e en bosques mestos de África e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contradición de termos ou de ideas con aparente falta de lóxica para conseguir un efecto máis abraiante.

    2. Figura literaria consistente na unión de ideas aparentemente contrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antiloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Autor de elexías e dun longo poema épico, a Tebaida. A súa erudición fixo que fose moi estimado pola escola de filólogos alexandrinos, da que se considera o seu antecesor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo situado na saída do papel das máquinas de impresión, que esparexe pos ou líquido sobre as follas xa impresas para facilitar o secado e protexelas da tinta fresca das restantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Materia formada por antipartículas, é dicir, por estruturas de antiprotóns, antineutróns e positróns. Téñense observado antipartículas en dúas situacións: nos aceleradores de partículas e nos raios cósmicos. A formación de antimateria con estruturas máis complicadas (antiátomos e antimoléculas) está limitada polo fenómeno da aniquilación partícula-antipartícula polo que a antimateria é inestable nunha área de materia. Non obstante , conseguiuse producir antinúcleos (formados por antiprotóns e antineutróns): antideuterón e antihelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na Igrexa Ortodoxa, lenzo decorado xeralmente cunha representación da sepultura de Cristo co que se cobre o altar para a celebración da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepción predominante na lingüística norteamericana de comezos do s XX. Segundo esta tendencia, a aprendizaxe da linguaxe é froito dun proceso de hábito e de condicionamento por repetición. O seu principal representante é L. Bloomfield, que segue as tendencias da psicoloxía condutista. Interésase só polos feitos lingüísticos que poden ser medidos de maneira obxectiva e deixa fóra o significado léxico, por considerar que é imposible de rexistrar. Por iso mesmo o lingüista non pode tomarse a si mesmo como obxecto de estudo nin fiarse das súas intuicións, xa que isto entraría no terreo da conciencia e do meramente subxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meridiano inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das metades de cada metámero, situadas simetricamente a cada lado do plano saxital do corpo dos animais segmentados.

    2. Cada unha das partes iguais e simétricas respecto ao eixe central que compoñen o corpo dos animais de simetría radiada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura literaria que consiste na repetición de palabras da frase anterior pero alterando a súa orde, o que produce un cambio de significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia estruturalmente relacionada cun metabolito que inhibe a súa utilización e bloquea as súas relacións enzimáticas normais ao entrar en competencia con el para ocupar as posicións activas dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antimetátese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición en orde inversa das mesmas palabras, alterando as súas funcións sintácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defecto da visión que se produce cando un ollo é normal ou emétrope e outro anormal ou amétrope, ou ben cando un ollo é miope e o outro hipermétrope.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antifúnxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra os microbios.

    2. Fármaco que combate os microbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social contrario ao espírito ou ás institucións militares. Pretende demostrar a preponderancia do exército dentro da administración do estado en tres niveis: socialmente, pola existencia duns deberes de defensa (Servicicio Militar Obrigatorio), mentres os dereitos (toma de decisións en política de defensa) están limitados á xerarquía militar; economicamente, outorgando grandes sumas a gastos militares ou comerciando con armamento; e a nivel xeopolítico, animando políticas baseadas na desconfianza e na confrontación e formando parte de bloques militares. A loita antimilitarista maniféstase a través de diferentes vías: a obxección de conciencia, ou negación a cumprir co servizo en filas; a obxección fiscal, consistente en absterse de sufragar os gastos militares a través dos impostos directos; a educación para a paz, que ensina uns valores favorecedores dunha sociedade e cultura pacíficas; e a investigación para a paz, que pretende clarificar as condicións baixo as que se desencadean...

    VER O DETALLE DO TERMO