"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de medir.
-
-
Acción e efecto de meditar.
-
Reflexión profunda sobre a propia persoa ou a existencia en xeral en que participan as facultades psíquicas, afectivas e intelectuais, e corporais.
-
-
-
Produción de medula ósea.
-
Adquisición dunha vaíña de mielina por parte das fibras nerviosas en proceso de desenvolvemento.
-
-
ENTRADA LARGA
Reacción de arilación dunha olefina por acción dun sal de diazonio, en presenza de cobre II como catalizador, segundo a ecuación:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Reacción de redución de aldehidos e cetonas a alcohois primarios ou secundarios pola acción dun alcóxido de aluminio, a miúdo o isopropóxido, segundo a reacción:
FORMULA
A reacción inversa é coñecida como oxidación de Oppenauer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
macroevolución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘roubo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘calor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de melificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de memorizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mengzi.
-
-
Acción de nomear, citar ou falar brevemente dunha persoa ou cousa.
-
Distinción que se fai aos traballos que nun concurso, sen acadar o premio ou o accésit, son considerados tamén de mérito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer mención de algo ou alguén.
-
PERSOEIRO
Poeta. Amiga de F. García Lorca, Rafael Alberti e Luis Buñuel, casou en 1931 con Manuel Altolaguirre, con quen fixo de voceira da Xeración do 27. Da súa produción poética, na que aproveita as innovacións da súa época sen desapegarse da herdanza clásica e popular, destaca Inquietudes (1926), Surtidor, (1928), Canciones de mar y tierra (1930), El personaje presentido (1931), Vida a vida (1932), El carbón y la rosa (1935), Niño y sombras (1936), Lluvias enlazadas (1939), Sombras y sueños (1944) e Vida o río (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei aprobada en 1837 a instancias de Juan Álvarez Méndez, marqués de Mendizábal, vixente entre 1836 e 1854. Para paliar a crecente débeda pública, intentaba que a burguesía se fixese cargo das terras en mans mortas co fin de aumentar a produción agrícola. Co decreto do 19 de febreiro de 1836, a lei de desamortización poñía á venda todos os bens das ordes relixiosas extinguidas, e co decreto do 8 de marzo de 1836 elimináronse as corporacións relixiosas de clérigos regulares. En Galicia destacaron as vendas de foros.
-
-
Fenómeno fisiolóxico feminino que se presenta nas mulleres sas (e nas femias dalgúns primates) desde a puberdade ata a menopausa. Consiste nun fluxo hemático que procede da cavidade uterina, e que se reproduce periodicamente; pero que non ten lugar cando un óvulo fecundado se implanta no útero. A primeira menstruación ou menarquía prodúcese entre os 12-14 anos, e remata aos 45-50 anos coa menopausa. A perda, cada 28 días como norma, prodúcese 14 días despois da ovulación e pode vir acompañada de molestias máis ou menos agudas.
-
Menstruación con fluxo sanguíneo que, excepcionalmente, se produce nalgunhas mulleres por algún órgano diferente da vaxina, e que aparece en lugar da menstruación ordinaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mentalizar ou mentalizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento do algodón a base de solucións alcalinas, que consiste en impregnar o tecido ou o fiado de algodón, previamente gaseado e descruzado, cunha solución de sosa cáustica a 25-35°C. Foi descuberto en 1844 polo químico inglés John Mercer (1791-1866) e produce, principalmente, unha inflamación que fai desaparecer a característica forma chá da sección transversal da fibra, que se converte en circular. Tamén produce unha redución da longura da fibra, ao tempo que se obtén máis brillo, que lembra o da seda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión inglesa que significa ‘fusións e adquisicións’, dedicada á actividade de asesoramento e execución de operacións de fusión ou absorción de empresas, que se realiza por sociedades profesionais, os merchant banks, e entidades financeiras que faciliten o financiamento. O proceso esixe unha información e unha avaliación empresarial completa, tomas de contacto no mercado, negociacións e execucións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou A Mesa Plataforma plural e independente que se creou en abril de 1986 co obxectivo de promover o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida social. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso da lingua en todas as áreas, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. A Mesa centra as súas actividades, sobre todo, nos campos do ensino, da toponimia, da administración e do galego exterior. No ensino intenta sensibilizar a mocidade e o profesorado, esixir á Xunta de Galicia a total normalización do galego, solicitar a elaboración dun proxecto de galeguización do ensino, participar na redacción dun modelo para a normalización lingüística do ensino e denunciar os incumprimentos dos decretos que regulan legalmente o uso do galego neste ámbito. Na toponimia, promove iniciativas para favorecer o uso de formas...