Mendizábal, Lei de Desamortización de

Mendizábal, Lei de Desamortización de

Lei aprobada en 1837 a instancias de Juan Álvarez Méndez, marqués de Mendizábal, vixente entre 1836 e 1854. Para paliar a crecente débeda pública, intentaba que a burguesía se fixese cargo das terras en mans mortas co fin de aumentar a produción agrícola. Co decreto do 19 de febreiro de 1836, a lei de desamortización poñía á venda todos os bens das ordes relixiosas extinguidas, e co decreto do 8 de marzo de 1836 elimináronse as corporacións relixiosas de clérigos regulares. En Galicia destacaron as vendas de foros.

Palabras veciñas

Mendiluce Pereiro, José María | Mendinho | Mendiño | Mendizábal, Lei de Desamortización de | Mendizábal, marqués de | 1 mendo | 2 mendo