Mendiluce Pereiro, José María

Mendiluce Pereiro, José María

Escritor e político. Foi representante rexional do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR, 1980), representante rexional adxunto para Centroamérica, Panamá e Caribe (1987-1988) e enviado especial para a antiga Iugoslavia (1991). Foi nomeado representante rexional de ACNUR para os países do Benelux e as Institucións Europeas (1993-1994), e foi elixido deputado europeo independente polo PSOE en 1994. Escribiu El amor armado (1996), Pura vida (1998) e Luanda, 1936 (2001). Recibiu o Premio por la Paz de la Asociación Naciones Unidas (1993) e a Medalla de Oro de la Cruz Roja Española (1994).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid