Mendinho

Mendinho

Xograr galego, orixinario de Vigo. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle unha cantiga de amigo de refrán, a mariña “Sedia-m’eu na ermida de San Simón”, considerada a máxima representación deste xénero e unha das cantigas máis citadas da lírica medieval galego-portuguesa. Nesta composición paralelística o autor reflicte a súa habilidade técnica en canto á construción métrico-estrófica.