"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rousar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición instrumental, moi frecuente nos ss XVII e XVIII, de esquema estrófico ABACADA, en que A é o refrán e as restantes estrofas están en tonalidades derivadas deste. Dentro desta forma destacan os rondeaux para clavicémbalo de Jean-Philippe Rameau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saír as flores.
-
CAPITAIS
Capital de Dominica (15.853 h [1991]). Está situada na costa suroccidental da illa, na desembocadura do río Roseau. É sede do goberno e dos bispados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción, introducida no ano 1918, que permite a redución de cloruros de hidróxeno a aldehidos mediante a hidroxenolise do enlace carbono-cloro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado no lugar das Minas (Campo Lameiro). Presenta varios cérvidos, dos que destacan un cunha gran cornamenta, falo longo e bramando. Tamén están representados círculos sinxelos e cazoletas, e outros gravados difíciles de recoñecer. Foi declarado BIC en 1975.
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Foi autor dunha abundante produción dramática, da que destacan as traxedias Belisaire (1643) e Saint-Genest (1646), e a traxicomedia Venceslas (1647).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Etnógrafo dedicado á investigación, empregou o cine como complemento dos seus estudos. Dirixu Les fils de l’eau (1955), La pyramide humaine (1960), Petit à petit (1970), Les architectes d’Avorou (1972), Babatoo (1975), Dionysos (1984), Enigma (1986), Bacou Mariage (1988), Madame L’eau (1992) e Premier matin du monde (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Coñecido como le Douanier, a súa obra é unha mestura de inxenuidade e lucidez. As súas imaxes de guerra (La guerre, 1894), visións nocturnas (La bohémienne endormie, 1897), selvas tropicais (Forêt vierge au soleil couchant, 1907) e retratos (Apollinaire et Marie Laurencin, 1909) mostran un corte co uso ríxido da razón e unha falta case absoluta de convencionalismos culturais. A súa obra deu lugar á arte naif.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e filósofo. Gañou un premio da Académie de Dijon co seu Discours sur les sciences et les arts (1750), onde rexeitaba o optimismo dos enciclopedistas e afirmaba que as artes e as ciencias non tiñan contribuído á depuración dos costumes, e que máis ben contribuíran a corromper ao home, bo por natureza. Precursor do pensamento democrático, centrouse nunha exaltación máis ben utópica da natureza e do sentimento, en contraposición ao estado da civilización. Considerado como un dos pensadores máis influíntes do s XX, a súa definición do ser humano como individuo cultural cimenta as bases da etnoloxía moderna. Colaborador da Encyclopédie no apartado musical, as súas tres grandes obras son Du contrat social ou Principes du droit politique (1762), Julie ou La nouvelle Héloïse (1761) e Émile ou De l’éducation (1762), obra condenada que o obrigou a fuxir de Francia. En 1767 dedicouse aos seus escritos autobiográficos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Paisaxista, encabezou a escola de Barbizon e recibiu a influencia dos paisaxistas holandeses do s XVII. En 1832 foi a Normandie (Côtes de Granville) e en 1834 a La Vendée. En 1836 instalouse en Barbizon, onde traballou no estudo da paisaxe. Pintou Sortie de la forêt de Fontaineblau e La forêt de Fontainebleau, aínda que a partir de 1860, cambiou o seu estilo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fonetista e dialectólogo francés. Dirixiu o laboratorio de fonética experimental do Collège de France e adaptou á investigación das articulacións fonéticas diversos aparatos, como o quimógrafo. Publicou o resultado das súas experiencias en Principes de phonétique expérimentale (1897-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro inglesa fundada en 1960 por Peter Hall e Peter Brook a partir do núcleo do Shakespeare Memorial Theatre de Stratford. Ten cinco teatros e unha programación que se dedica a Shakespeare e a outros autores clásicos e contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en Ourense en 1979. Dirixida por M. Vidal, realizou diversos recitais poéticos dedicados a Celso E. Ferreiro, E. Blanco Amor e F. M. Delgado Gurriarán, ademais de distintos espectáculos, como Os baralláns (1980), de Blanco Amor; Hércules e o estábulo de Auxias (1985), de F. Dürrenmatt; e O saco das noces (1985) de A. M. Pires.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘alumear’.
-
-
Transmitir un rumor.
-
Dicir algo en voz moi baixa.
-
Falar en voz moi baixa.
-
Producir un ruído continuo, confuso e apagado.
-
-
PERSOEIRO
Tenista. Iniciouse no tenis desde moi nova. Gañou diversos certames deportivos, como o Másters (1988 e 1994) e o Open de EE UU (1990) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). En 1996 retirouse do tenis profesional.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Comer ou beber algo lentamente e coa atención necesaria para percibir con deleite o seu sabor ou outras sensacións agradables.
-
Apreciar as cousas que agradan recreándose.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Albani e influído pola escola dos Carracci, evolucionou cara ao rafaelesco, sobre todo na súa perfección no debuxo. A pesar da súa afiliación barroca, manifestou unha inclinación polas formas suaves e simples, propias do clasicismo patético. Da súa obra destacan os frescos La Divina Saviesa’ (1629?-1633) no Palazzo Barberini de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Nas súas novelas e narracións describiu a paisaxe e o espírito moldavo. Destacan Hanu-Ancuţei (A fonda de Ancu ṭ a, 1928), Baltagul (A machada, 1930) e a triloxía Fratii Ideri (Os irmáns Ider, 1935-1942). En 1961 recibiu o Premio Lenin da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO