Rousseau, Jean-Jacques
Escritor e filósofo. Gañou un premio da Académie de Dijon co seu Discours sur les sciences et les arts (1750), onde rexeitaba o optimismo dos enciclopedistas e afirmaba que as artes e as ciencias non tiñan contribuído á depuración dos costumes, e que máis ben contribuíran a corromper ao home, bo por natureza. Precursor do pensamento democrático, centrouse nunha exaltación máis ben utópica da natureza e do sentimento, en contraposición ao estado da civilización. Considerado como un dos pensadores máis influíntes do s XX, a súa definición do ser humano como individuo cultural cimenta as bases da etnoloxía moderna. Colaborador da Encyclopédie no apartado musical, as súas tres grandes obras son Du contrat social ou Principes du droit politique (1762), Julie ou La nouvelle Héloïse (1761) e Émile ou De l’éducation (1762), obra condenada que o obrigou a fuxir de Francia. En 1767 dedicouse aos seus escritos autobiográficos publicados postumamente como Confessions, onde reflite, entre outras cuestións, a súa relación con Mme de Warens.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xenebra -
Deceso
Lugar : Ermenonville, Picardie