"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
PERSOEIRO
Matemático e físico francés. Profesor en Caen e, desde 1881, en La Sorbonne de París, ensinou mecánica teórica, física matemática, cálculo de probabilidades e astronomía. Proporcionou achegas notables como as funcións automorfas ou a teoría ergódica. Está considerado un precursor de Einstein polas súas intuicións sobre a relatividade e o espazo de catro dimensións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista francés. Deputado (1887), ministro de Educación (1895), vicepresidente da cámara e senador (1903), foi un destacado representante da dereita republicana. Foi ministro de Facenda (1906), xefe do goberno en cinco ocasións entre 1912 e 1929, e presidente da República Francesa (1913-1920). Antagonista de Alemaña e defensor da Tripla Alianza, a súa actitude precipitou a situación cara á Primeira Guerra Mundial. Ao volver ser presidente do consello (1921-1924) ocupou o Ruhr, e novamente no cargo de xefe do goberno (1926-1929), saneou as finanzas e estabilizou o franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto polimérico que contén grupos carbonato (-O-CO-O-) repetidos regularmente ao longo da súa cadea principal. Pode considerarse un tipo de poliéster. Desde o punto de vista industrial, o máis importante é o derivado do 2,2-bis(4-hidroxifenil)propano. Son substancias transparentes e ríxidas con boas propiedades como illantes eléctricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pluricarpelar.
-
-
Que florece e frutifica varias veces.
-
-
Relativo ou pertencente ás policárpicas.
-
Planta do antigo grupo das policárpicas.
-
Antigo grupo de dicotiledóneas dialipétalas que comprendía as ordes das magnoliais e das antigas ranais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito formado por varios carpelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente da palabra grega ðïëύêáñðïò, formada por ðïëύ ‘moito’ e êáñðïò ‘froito, proveito’, co significado de ‘o que é moi frutífero’.
-
PERSOEIRO
Bispo de Esmirna. Discípulo de san Xoán Evanxelista, viaxou a Roma, onde puido refutar os gnósticos e loitar contra os marcionitas e os valentinianos. Foi martirizado en tempos de Marco Aurelio. Escribiu a Carta aos filipenses, un documento que permite coñecer algúns aspectos da organización da Igrexa da época. Represéntase vestido con túnica e palio, xeralmente atado a un pau na fogueira onde o queimaron e cunha pomba sobre a cabeza; tamén pode aparecer cun león aos pés. A súa festa celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Raffaello Sanzio, participou na decoración das Loggie do Vaticano e realizou paisaxes e imitacións en grisalla de relevos clásicos. Viaxou a Messina (1527), onde pintou, entre outros, Andata al Calvario (1543).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carbohidrase que cataliza a hidrólise dos polisacáridos. OBS: Tamén se denomina poliase.
-
-
Relativo ou pertencente aos polisacáridos.
-
Polímero formado por cadeas moi longas de monosacáridos lineais ou ramificados. Divídense en homopolisacáridos e heteropolisacáridos, segundo estean formados por un só tipo de monosacárido ou por varios (como o ácido hialurónico). Ten dúas funcións principais: algúns (como o amidón) fan de almacén de combustible e proporcionan enerxía para a actividade celular; outros son elementos estruturais extracelulares.
-
-
GALICIA
Capelán e escritor. Coñecido como o padre Polo, foi autor dunha farsa en tres actos (El gran idiota, 1955) e do libro Galicia en sus hombres de hoy (1971), en que incluíu entrevistas realizadas a artistas, escritores e políticos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señora de Meirás. Educada no puritanismo católico, casou en 1923 con Francisco Franco Bahamonde. Co acceso do seu home á xefatura do estado (1939), exerceu como primeira dama e, aínda que se mantivo á marxe da actividade política, parece que exerceu unha influencia directa sobre Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das cariofiláceas, con follas pecioladas e opostas ou verticiladas, flores de cinco pétalos, máis curtos que os sépalos, e froito en cápsula de tres valvas. En Galicia dáse en lugares costeiros a especie P. tetraphyllum.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudou en Milán e alí produciu a súa primeira ópera, I promessi sposi (1856), baseada na novela de Alessandro Manzoni. Foi mestre de capela de Santa Maria Maggiore de Bérgamo (1881) e estivo á marxe das loitas entre os partidarios de Verdi e Wagner. A súa obra mestra, a ópera La Gioconda (1876), sitúao entre a ópera verdiana e o verismo. É tamén autor do ballet Clarina (1873) e das óperas I lituani (1874) e Marion Delorme (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor cinematográfico italiano. Ao longo da súa extensa carreira traballou con realizadores tan significativos como F. Fellini, J.-L. Godard ou D. Lean. Moitas das súas producións conseguiron o máximo galardón da Academia de Hollywood, ademais de premios nos festivais máis prestixiosos do mundo. Das súas producións destacan Roma città aperta (1945), Fratelli d’Italia (1952), La strada (1954), Un americano a Roma (1954), La Ciociara (1960), Matrimonio all’italiana (1964), Dr Zhivago (1965), Diamonds for Breakfast (1968) e The Passenger (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Actuar como pontífice.
-
Falar ou obrar con grande autoridade ou solemnidade.
-
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Castro, que nace e desemboca na parroquia da Pereiriña (Cee).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que forma un dos contrafortes da serra da Cova da Serpe, situado na parroquia de Nodar (Friol). O seu cumio acada os 748 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO