polisacárido -da
polisacárido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos polisacáridos.
-
s
m
[BIOQ]
Polímero formado por cadeas moi longas de monosacáridos lineais ou ramificados. Divídense en homopolisacáridos e heteropolisacáridos, segundo estean formados por un só tipo de monosacárido ou por varios (como o ácido hialurónico). Ten dúas funcións principais: algúns (como o amidón) fan de almacén de combustible e proporcionan enerxía para a actividade celular; outros son elementos estruturais extracelulares.