polis*
polis*
s
f
[HIST]
Cidade-estado na Grecia clásica. Constituíu o medio esencial de desenvolvemento e expansión da civilización grega ata a época do helenismo. A unificación entre o núcleo urbano e o campo, característica esencial da polis arcaica e clásica, non se acadou ata a segunda metade do s VII a C. A súa estrutura comportou unha agrupación urbana, xeralmente instalada ao pé dunha acrópole, as terras propiedade dos cidadáns particulares, os campos sen cultivar e as fragas. Socialmente caracterizouse pola existencia dun grupo de cidadáns con todos os dereitos, dun grupo de estranxeiros sen dereitos, pero libres, e dun terceiro grupo, os escravos, privados de liberdade e que en teoría non gozaban de dereito ningún.