polisacárido -da

polisacárido -da

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos polisacáridos.

  2. s m [BIOQ]

    Polímero formado por cadeas moi longas de monosacáridos lineais ou ramificados. Divídense en homopolisacáridos e heteropolisacáridos, segundo estean formados por un só tipo de monosacárido ou por varios (como o ácido hialurónico). Ten dúas funcións principais: algúns (como o amidón) fan de almacén de combustible e proporcionan enerxía para a actividade celular; outros son elementos estruturais extracelulares.

Palabras veciñas

polirrizo -za | polis* | polisacarase | polisacárido -da | polisaprobio -bia | polisarcia | Polisario