polirrizo -za

polirrizo -za

(< poli- + -rizo)

  1. adx

    Que ten varias raíces.

  2. adx [LING]

    Aplícase ao verbo que forma os tempos a partir de temas procedentes de raíces diferentes (como no latín FERO/ TULI/LATUM, ou en galego vai/irá), así como os verbos que, aínda formando o tempo a partir de temas que proceden dunha mesma raíz, aparecen, emporiso, diferenciados, a causa das transformacións fonéticas que experimentan.