"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
LOCALIDADES
Localidade do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania, Francia, situada na desembocadura do río Nive, no SO do golfo de Bizkaia (13.247 h [1999]). É un importante porto pesqueiro e centro turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania, Francia (1.417 h [1999]). Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, destaca a igrexa de Notre Dame e a ponte medieval sobre o río Nive. É un dos puntos de partida do Camiño Francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Realizou investigacións sobre hidráulica e sobre a elasticidade e a resistencia de materiais. Estudou o equilibrio dos corpos elásticos (problema de Saint-Venant) e estableceu a fórmula que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sarabiada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sarabiar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán de Salisbury.
-
-
de saltear.
-
Que non segue unha continuidade ou unha orde determinada.
-
Que ten espazos intermedios e falta algún da serie.
-
Que está desordenado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que asalta e rouba polos camiños ou en sitios despoboados.
-
-
Roubar a alguén en lugares despoboados saíndolle ao camiño.
-
Dispoñer os elementos dunha serie de xeito descontinuo.
-
-
PERSOEIRO
Economista e avogado. Catedrático de economía política nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, contribuíu a introducir en España a escola histórica de economía, tanto a vella escola (Wilhelm Roscher) coma a nova (Gustav von Schmoller). Preconizou o intervencionismo do estado, de acordo co socialismo de cátedra. Destaca o seu Tratado elemental de estadística (1982) e El bimetalismo internacional (1884). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso beneditino. Formouse no seminario de Tui, en San Martiño Pinario e no mosteiro asturiano de San Juan de Corias. Coa desarmorización, marchou a Nápoles, onde foi ordenado sacerdote (1839), e marchou como misioneiro a Australia (1845), onde fundou a abadía de Nova Nursia e foi bispo de Vitoria (1849). Defendeu os aborixes australianos e rexeitou os bispados de Puerto Rico e Lugo. En 1860 trouxo a Galicia as primeiras sementes de eucalipto e acacia. Compuxo diversas pezas para piano e escribiu Memoria storiche dell’Australia, particolarmente della Missione Benedittina di Nuova Norcia (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario. Participou na Revolución de Setembro de 1868 e na revolta federal e fuxiu a Francia. En 1871 volveu a Cádiz, onde foi alcalde e dirixiu a Insurrección Cantonalista (1873). Encarceado, fuxiu do penal de Vélez de La Gomera en 1873 e non volveu a España ata 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de Nápoles, fundado por Carlos VI de Nápoles (Carlos III de España) en 1737. Incendiado en 1816, foi reconstruído posteriormente. Ten capacidade para preto de 3.000 persoas.
-
-
GALICIA
Concello da comarca do Carballiño situado no NO da provincia de Ourense, no centro-Sur da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 28’ 38’’ de latitude N e 7° 58’ 49’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Rodeiro (comarca de Deza), ao S cos de Maside (comarca do Carballiño) e Amoeiro (comarca de Ourense), ao L cos de Carballedo (comarca de Chantada) e Vilamarín (comarca de Ourense) e ao O cos de Piñor e O Carballiño (os dous da comarca do Carballiño). Abrangue unha superficie de 94,4 km 2 cunha poboación de 2.839 h (2007) distribuída entre as parroquias de Castrelo, Cea, Covas, Lamas, Longos, Mandrás, Oseira, Pereda, San Fagundo, Souto, Vales, Vilaseco e Viña. A súa capital é o núcleo de Cea, localizado a 22 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo do concello está formado por dous espazos contrapostos: a montaña e a chaira, situados nunha... -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid). Erixiuno Filipe II en conmemoración da vitoria das súas tropas na Batalla de Saint Quentin (1557) e encomendouse a san Lourenzo por ser a súa festividade o 10 de agosto, día do enfrontamento. Comezou a construírse en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista de Toledo e, ao morrer este en 1567, Juan de Herrera fíxose cargo e modificou o proxecto cara a un clasicismo máis severo que recibiu o nome de estilo herreriano, que se caracterizou pola pureza das liñas fronte aos motivos decorativos. Ata 1837 o mosteiro estivo ocupado por monxes xerónimos, pero desde entón está ocupado por agostiños, que instalaron na parte noroeste un colexio. A planta é un gran rectángulo con torres nas esquinas e cun corpo saínte no lado leste que lle outorga a forma de grella, atributo de san Lourenzo. Os elementos principais do conxunto son o mosteiro, o palacio, a igrexa e o panteón. A explanada da Lonja rodea aos lados norte e oeste e...
-
-
-
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Moratinos, provincia de Palencia, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. No s XII existiu un hospital de peregrinos dedicado principalmente a leprosos.
VER O DETALLE DO TERMO