"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dura só un certo tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito que pode ter unha persoa, por ministerio da lei ou por costume xurídica, de adquirir unha cousa que debe ser alienada a título oneroso con preferencia a outras persoas polo mesmo prezo que estas pagaban.
-
-
Enfermidade do gando ovino que se caracteriza por movementos circulares da cabeza debidos á ausencia de control sobre a mesma.
-
Parasito vermiforme que provoca esta enfermidade.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Teo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Santiago, situado na provincia da Coruña ao O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Ames e Santiago de Compostela (comarca de Santiago), ao S coa Estrada (Tabeirós-Terra de Montes), ao L con Vedra (Santiago) e ao O cos de Padrón, Rois (os dous da comarca do Sar) e Brión (Santiago). Abrangue unha superficie de 79,3 km 2 cunha poboación de 17.441 h (2007), distribuída nas parroquias de Bamonde, Cacheiras, Calo, Lampai, Lucí, Luou, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Teo e Vilariño. A súa capital é o lugar da Ramallosa, na parroquia de Lucí, situada a 42° 47’ 45’’ N e a 8° 32’ 55’’ O, a 68 km da capital provincial e 8 de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Localízase nunha área de suaves pendentes que vai descendendo progresivamente de N a S, desde as superficies de achairamento do N e O, situadas entre os 250 e os 300 m, con pequenos resaltes (Pena Agrela,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘Deus’.
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1234-1253) e conde palatino de Champagne (Teobaldo IV; 1021-1253) e de Brie, fillo póstumo do conde Teobaldo III de Champagne e de Branca de Navarra. Á morte de Sancho VII de Navarra foi nomeado rei de Navarra pola nobreza navarra. Iniciouse así a dinastía francesa de Champagne. Ordenou a elaboración dun Cartulario Magno e, probablemente, iniciou o Foro Xeral de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1235-1270) e conde de Champagne (Teobaldo IV) e de Brie, fillo de Teobaldo I e de Margarida de Borbón. Accedeu ao trono navarro baixo a rexencia da súa nai, quen, en 1253, asinou o Tratado de Tudela co infante Afonso de Aragón, ratificado por Xaime I de Aragón en Monteagudo en 1254. Esta alianza permitiu a intervención de Xaime I para evitar a invasión castelá en Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Blois, Tours e Chartres (1037-1089?) e de Troyers e Meaux (1063-1089?), fillo de Eudes II de Blois. Nacido nunha familia de grandes feudatarios, a casa de Champagne, enfrontouse diversas veces ao Rei Enrique I de Francia. Perdeu Tours (1037-1063) e pouco despois apropiouse da herdanza do seu sobriño Eudes III, ao ocupar Troyes e Meaux.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Blois, Chartres e Meaux (1102-1052) e conde de Champagne (Teobaldo II; 1125-1152), fillo de Estevo III Enrique, conde de Meaux e Brie e de Blois e Chartres, e de Adela, irmá de Enrique I de Inglaterra. Enfrontouse sen éxito a Luís VI de Francia en 1107, e novamente en 1112, aliado con Enrique I de Inglaterra. Aliado de novo co rei de Inglaterra, atacou os dominios reais, pero, en 1118, foi derrotado preto de Alençon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cacao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide purínico, derivado fundamentalmente da xantina, que está presente nun gran número de plantas e, en particular, no cacao. Ten lixeiros efectos estimulantes e acción diurética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo azteca, cuxo nome significa ‘casa de Deus’. Refírese sobre todo ao gran templo pirámide de Tenochitlán, consagrado ás divindades da guerra e das tebras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina, concepción ou actitude existencial que se caracteriza polo feito de que Deus ou o divino son considerados como centro de toda a realidade, que debe ser ordenada en calquera dos seus ámbitos ou aspectos concretos en relación con este centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de goberno en que a soberanía é exercida teoricamente pola divindade. O termo creouno Xosefo Flavio para distinguir o réxime político hebreo das outras formas (monarquía e democracia) teorizadas por Aristóteles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á teocracia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política medieval que pretendía que o poder real recibira a súa constitución por un acto do poder eclesiástico, ao que quedaba vinculado legalmente, xa que a lei divina estaba dentro da xurisdición eclesial.
-
PERSOEIRO
Poeta bucólico grego. Instalado na corte de Alexandría, realizou un gran labor literario ao crear un novo tipo de poesía que máis tarde, transformada por Virxilio, se converteu no xénero bucólico ou pastoral. Da súa obra, que chegou co nome xenérico de Idilios, destacan un grupo de poemas que demandan a protección real. Outros son de carácter épico, con elementos da epopea e breves. O corpo central da obra está formado por composicións moi específicas que evocan escenas da vida do campo ou ben da vida cidadá. Teócrito levou a Alexandría, da súa terra siciliana, as disputas poéticas campesiñas, en que o tema de desafío musical é constante. O idilio VII (As talisias) é un dos seus poemas máis coñecidos. A lingua é dórica ou ben épica, agás un pequeno grupo (XXVIII, XXIX e XXX), escritos en lingua e metro eólicos. A súa poesía gozou dunha grande estima no período renacentista e influíu tamén nas literaturas occidentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos ostrogodos (534-536), sobriño de Teodorico o Grande. Casou coa filla deste, Amalasunta, e asociouna ao trono en 534, pero ao ano seguinte fíxoa asasinar. Ese mesmo ano Xustiniano enviou contra el a Belisario, quen o derrotou. Foi derrocado e morto por Vitixes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Austrasia ou Metz (534-548), fillo e sucesor de Teodorico I. En 534 conquistou Bourgogne cos seus tíos Xildeberto I e Clotario I, e compartiu con eles o seu dominio. En 539 pasou a Italia onde venceu os gregos e os godos.
VER O DETALLE DO TERMO