"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
CIDADES
Cidade de Uzbequistán, capital da oblast de Andizan (313.000 h [1995]). Centro agrícola do val de Fergana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast de Uzbequistán (4.200 km2; 1.899.000 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo dos xéneros Boletus, Leccinum, Gyroporus, Suillus ou Xerocomus, que pertence á orde dos boletais. Cogomelo carnoso, que pode acadar os 25 cm de diámetro, de cor castaña e co himenio formado por tubos rematados en poros. Entre as andoas existen algúnhas especies moi apreciadas na gastronomía.
-
ESPA¥A
Concello da rexión de Gipuzkoa, Euskadi, na confluencia do Oria co Leizarán (14.540 h [1996]). A súa economía baséase no sector agrícola (árbores froiteiras) e, sobre todo, industrial (industrias mecánicas, electrónica, armamentística, papel, material plástico). Cómpre salientar a presenza dunha central eléctrica neste territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orador atenense. Exiliado de Atenas, refutou a acusación de impiedade no discurso Sobre os misterios (399 a C). Atribúenselle tamén os discursos Sobre o retorno e Sobre a paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada na parroquia de Rechaba (Tordoia). Foi asaltada repetidas veces na procura de tesouros, polo que na actualidade está mal conservada; sen embargo, a partir do estudo do enxoval (pedras elaboradas segundo modelos de metal) descuberto na mámoa, sábese que pertence ao Megalitismo final.
-
VER O DETALLE DO TERMO
avelaíña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘perna’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
andoriña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘andar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘andarín’.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Liaoning, China, na desembocadura do Yalu, a carón da fronteira con Corea do Norte (503.900 h [1990]). Centro industrial e porto pesqueiro. A cidade conserva un núcleo antigo amurallado que se agrandou coa construción do ferrocarril a Corea, o que lle conferiu importancia estratéxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Kyongsang Setentrional, República de Corea, nas marxes do Naktong-gang, ao N de Taegu (188.452 h [1995]). Centro agrícola; tamén traballa coa seda e co cánabo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nome dado a diversas aves da familia das hirundínidas que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos, e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana e de presenza estival en toda Europa, onde cría.
-
andoriña común [port: andorinha-das-chaminés; cast: golondrina común; ingl: swallow] [Hirundo rustica, Fam dos hirundínidos]
Ave de 19 cm de lonxitude coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas. Está amplamente espallada por toda Galicia. Vencellada ao medio rural, constrúe niños en forma de cunca enriba de trabes e cravos de alpendres, cortes de gando ou casas.
-
andoriña cubranca [port: andorinha-dos-beirais; cast: avión común; ingl: house martin] [Delichon urbica, Fam dos hirundínidos]
Ave de 13 cm de lonxitude coa parte superior negra azulada, excepto a mitra que é branca; a inferior é branca. Ten as patas cubertas de penuxe branca e o rabo escotado, tamén branco. Atópase amplamente espallada por toda Galicia. Vencellada a núcleos urbanos, constrúe niños en colonias, pegados ás paredes das casas e cun pequeno buraco de entrada.
-
andoriña dáurica [port: andorinha-daurica; cast: golondrina daurica; ingl: red-rumped swallow] [Hirundo daurica, Fam dos hirundínidos]
Ave de 18 cm de lonxitude coa parte superior azul escura, bardante a caluga e a mitra que son arrubiadas; a inferior é castaña clara co eixe de moitas plumas máis escuro. Ten a cola moi esgallada, de cor azul escura por riba e por debaixo, coas rectrices máis anchas pero menos longas ca as da andoriña común. En Galicia aparece na área mediterránea. Constrúe un niño semellante ao da andoriña cubranca, pero cunha entrada tubular, baixo pontes e beirís de edificios.
-
andoriña pedreira [port: andorinha-das-rochas; cast: avión roquero; ingl: crag martin] [Ptyonoprogne rupestris, Fam dos hirundínidos]
Ave de 14,5 cm de lonxitude coa parte superior branca e a inferior branca terrosa, máis escura nas proximidades da cola, que é recta e cunhas pintas brancas visibles durante o voo. En Galicia é a única andoriña sedentaria. Atópase en paraxes montañosas abruptas e constrúe un niño, en forma de media cunca, en paredes verticais de cantís, pontes e grandes edificios.
-
andoriña dos ribeiros [port: andorinha-das-barreiras; cast: avión zapador; ingl: sand martin] [Riparia riparia, Fam dos hirundínidos]
Ave de 12 cm de lonxitude coa parte superior castaña e a inferior branca cunha banda pectoral tamén castaña. Ten a cola lixeiramente gallada. En Galicia é pouco común. As colonias de cría atópanse asociadas a terrazas de cursos fluviais, xa que escava os niños en taludes terrosos.
-
-
ceruda.
-
-
volandeira.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘correspondencia’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de chumbo, plata e antimonio, PbAgSb3S6. Cristaliza no sistema rómbico e os cristais son columnares curtos, de cor gris de aceiro escuro e brillo metálico, e de fractura concoidal. Ten dureza 2,5-3,5 e peso específico 5,33-5,37.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Teruel, Aragón, regado polo regueiro de Regallo (8.282 h [1996]). No seu termo municipal está localizada unha importante central termoeléctrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do SO de Europa que limita ao N con Francia e ao S con España (468 km2; 64.600 h [estim 1997]). A capital é Andorra la Vella.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
É unha rexión montañosa. O seu pico máis alto é o alto de Coma Pedrosa (2.946 m). O territorio está integrado no eixo pirenaico, erguido e pregado nos dobramentos hercínico e alpino. Así mesmo, no seu territorio atópanse sinais do modelado de orixe glaciar. O clima do territorio é de montaña seco. A vexetación de Andorra é continental de montaña e presenta a zonificación de pisos típica da vertente meridional dos Pireneos: piso montano con bosque submediterráneo de carballo e, cara ao cume, con extensos piñeirais de piñeiro vermello e abetos; piso alpino dos prados. Nos vales baixos pode chegar a parecer un aciñeiral mediterráneo; sen embargo, esta paisaxe, sobre todo nos vales, está moi humanizada.
Xeografía económica
A economía tradicional de Andorra baseábase esencialmente na... -
CAPITAIS
Capital do Principado de Andorra (21.984 h [1995]). Está situada no amplo val central, de orixe glacial, atravesado polo Valira. A súa actividade económica derivada do turismo e do comercio, actividades que adquiriron forte pulo logo da Segunda Guerra Mundial. Entre o seu patrimonio cultural cómpre salientar a Casa de la Vall, exemplo de arquitectura mixta de uso civil con atributos defensivos de tradición medieval e decoracións murais de tema relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO