Andorra la Vella

Andorra la Vella

Capital do Principado de Andorra (21.984 h [1995]). Está situada no amplo val central, de orixe glacial, atravesado polo Valira. A súa actividade económica derivada do turismo e do comercio, actividades que adquiriron forte pulo logo da Segunda Guerra Mundial. Entre o seu patrimonio cultural cómpre salientar a Casa de la Vall, exemplo de arquitectura mixta de uso civil con atributos defensivos de tradición medieval e decoracións murais de tema relixioso.