"APA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • Termo extremo da serie dos apatitos, de fórmula Ca5(PO4)3. É o mineral máis corrente da serie, e por iso ás veces fáiselle referencia cando se fala de apatitos. A cor é totalmente variable e depende das impurezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carta Geométrica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado no alto val do río Guadarrama, aos pés da serra de Guadarrama (16.503 h [1996]). Ten gandería ovina e bovina (dedicada especialmente á cría de touros), e industria e agricultura. É sobre todo un centro de veraneo. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha calzada romana, a igrexa da Asunción (s XVI) e a Casa Veleta, construída en tempos de Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [nome oficial: Archipiélago de Colón] Arquipélago e provincia de Ecuador, no Pacífico, a 1.000 km do país (8.010 km2; 14.713 h [estim 1997]). A capital é Puerto Baquerizo Moreno (3.023 h [1990]). Consta de trece illas, a principal é Isabela, e dezasete illotes, de orixe volcánica e clima temperado a causa da corrente de Humboldt, con escasa vexetación. A fauna, pobre en especies, presenta formas primitivas de tartarugas e iguanas. A poboación agrúpase na capital, na illa de San Cristóbal. O recurso económico principal é a pesca. Os conquistadores españois déronlle o nome de illas Encantadas. Non foron colonizadas ata 1832. Son Parque Nacional dende 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encontro das velas contra os paos ou contra a xarcia, especialmente cando parou o vento pero continúa a marexada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello formado por un mango e un aro, ao redor do cal se coloca unha rede e que serve para pescar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Moraña, nun descampado dun pequeno bosque, que presenta dificultades á hora de ser interpretada como resto prehistórico debido á ausencia de restos arqueolóxicos na zona onde se asenta. Cunhas dimensións de 1,90 m de altura, 0,44 m de ancho e un grosor de 0,25 m, presenta na súa superficie granítica varios gravados e máis dunha vintena de coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de orgánulos situados no citoplasma celular, preto do núcleo, nas células animais e nalgunhas vexetais. Foi descuberto no ano 1898 por C. Golgi. Os ditiosomas están formados por un montón de sáculos aplanados, que nunca se envolven de ribosomas. Dos sáculos dos ditiosomas emítense gránulos de secreción de natureza glicídica, proteica ou glicoproteica. A síntese dos glícidos ten lugar no mesmo aparato de Golgi. No caso dunha secreción proteica, o ergastoplasma sintetiza as proteínas pero estas transportaranse nos sáculos de Golgi; no caso dunha secreción glicoproteica, o aparato de Golgi sintetiza a metade glicídica da molécula. Tamén recibe o nome de complexo de Golgi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero teatral hindú creado a finais do s XIX no estado de Andhra Pradesh, a partir de formas teatrais e de danzas realizadas por mulleres que pertencían ás familias da corte e derivado doutro xénero anterior, o kuchipudi. Etimoloxicamente, o xénero fai referencia a un diálogo ou debate entre mulleres, e adoitaba mesturar danza, música e recitados poéticos dialogados. Consistía nun espectáculo que se representaba durante toda a noite e que continuaba durante tres veladas consecutivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hapálidos.

    2. Primate da familia dos hapálidos.

    3. Familia de primates platirrinos formada por individuos que teñen entre 10 e 20 cm, con cabeza arredondada, a cara longa e pilosa e os ollos relativamente grosos. Comprendía os chamados titís, que habitaban en grupos nos bosques tropicais de América Central e do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou expresión, especialmente das linguas antigas, que se documenta unha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa superior ionizada da atmosfera, situada entre os 80 e os 120 km de altitude. É a principal compoñente da ionosfera. As ondas radioeléctricas de frecuencia menor de 6 MHz que chegan a esta capa son reflectidas outra vez cara á Terra, propiedade na que se basean as transmisións de radio a longa distancia. A existencia desta capa foi postulada por Heaviside e, independentemente, por A.E.Kennelly. Tamén recibe o nome de capa E ou capa Kennelly-Heaviside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano inca (1493-1525), fillo de Túpac Inca Yupanqui. Dominou as tribos no N do Imperio ata Chapapoyas e Mayopampa (NL do Perú). Trala súa morte, os seus fillos Atahualpa e Huáscar dividiron o seu imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode apagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de capacidade para facer algo.

      1. Falta de aptitudes, calidades ou condicións para facer algo.

      2. Falta de entendemento ou de intelixencia.

    2. Estado da persoa que non pode traballar ou realizar unha determinada actividade por motivo dun accidente ou dunha enfermidade.

    3. Restrición da capacidade de obrar dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de incapacitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de incapacitar.

    2. Que non pode ou non ten a capacidade suficiente para algo.

    3. discapacitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a alguén incapaz.

    2. Declarar xudicialmente que unha persoa non pode gobernarse por ela mesma a causa de doenza ou deficiencia persistente de carácter físico ou psíquico, e determinar a extensión e os límites da súa capacidade de obrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non pode facer algo.

      1. Que non ten aptitudes ou habilidades suficientes para algo.

      2. Que non ten entendemento, talento ou intelixencia para algo.

      1. Que carece de aptitude legal para unha cousa determinada.

      2. Que carece de personalidade xurídica para determinados actos.

    VER O DETALLE DO TERMO