"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas pequenas e delgadas, anuais ou perennes, de follas opostas e enteiras, de flores brancas ou rosáceas, agrupadas en cimas ou glomérulos, e froito en cápsula. En Galicia atópanse as especies A. grandiflora, en lugares rochosos altos, A. montana, en fragas, matogueiras e piñeirais, e A. serpyllifolia, en lugares areosos e secos; as dúas primeiras son perennes e a última é anual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos escolopácidos ao que pertence o virapedras.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Iniciou a súa andaina política na Unión de Centro Democrático (UCD), para logo presidir Democracia Cristiana (DC) en Andalucía. En 1983 ingresou en Alianza Popular (AP) -Partido Popular (PP) dende 1989-. Ocupou escanos no concello de Sevilla (1983-1987), no Parlamento andaluz (1986-1989), no Congreso dos Deputados (1989-1993) e no Senado en representación de Andalucía. En xullo de 1993 pasou a ocupar a Presidencia do Partido Popular en Andalucía e en 1998 a secretaría xeral do Partido Popular. Foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (1996-1998) no primeiro goberno de José María Aznar, posto que abandonou para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Andalucía como candidato á Presidencia da Junta, desempeñando tralos comicios a xefatura da oposición nesa comunidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de Cantabria, no val do Besaya (2.165 h [1996]). Gandería bovina e ovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Ávila, Castela e León, no val do Tiétar (6.609 h [1996]). Castelo de Rodrigo López de Ávalos. Palacio do infante Luís e mosteiro de San Pedro de Alcántara.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na Tierra de Alhama (2.065 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militante anarcosindicalista. Emigrou sendo moi novo a Cuba, onde tivo a súa aprendizaxe societaria. Expulsado da illa polo seu activismo, viaxou en 1917 á Coruña para converterse nun dos dirixentes do Sindicato de Estibadores da Federación Local Obrera. En Agosto de 1922 participou na creación da Confederación Regional Galaica da CNT, defendendo as posturas máis radicais. No mesmo ano, formou parte do grupo anarquista Tierra!!, xunto con Ricardo García Lago e Emilio González López. Retornado a América en 1924, consolidou durante a Guerra Civil española unha grande actividade a prol do bando republicano en EE UU, México e Cuba, actuando como secretario de propaganda das Sociedades Hispanas Confederadas de Ayuda a España de Nova York. Rematada a contenda, instalouse en México DF, onde mantivo estreitos vencellos cos libertarios galegos que constituíran alí un comité da CRG no exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus RNA de cadea sinxela que presenta un gran pleomorfismo, con nucleocápside de simetría complexa e envoltura externa, dun tamaño que oscila entre 50 e 300 mm de diámetro. Os seus hospedeiros habituais semellan ser rilladores; algúns poden infectar o home, como os causantes de certas febres hemorráxicas (Tacaribe, Machupo, Junin, Tamiami e outras) e a febre de Lassa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Euskadi coñecida polas súas mostras de arte paleolítica. Presenta diversas figuras de cervos e bóvidos, tanto gravados como pintados, que poden atribuírse ao estilo III de Leroi-Gourham.
-
DUCADOS
Pequeno estado do Sacro Imperio situado no Eifel, entre Colonia e Jülich. No 1644 foi elevado a ducado como feudo inmediato do Sacro Imperio. No 1801 obtivo o rango de Ducado soberano, que perdeu no 1811, ocupado pola Francia napoleónica e incorporado ao Gran Ducado de Berg. No Congreso de Viena (1815), dispúxose que a maior parte do territorio quedase baixo soberanía do Reino de Hannover, e o resto baixo o Reino de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Salgar e secar a sardiña para convertela en arenque. Dende os séculos XIII e XIV, era un proceso que se facía no barrio da Moureira en Pontevedra con peixe que proviña dos portos de Marín, Combarro ou o Morrazo.
-
PERSOEIRO
Filósofa, socióloga e politicóloga norteamericana de orixe alemana. Doutorada en Humanidades na Universidade de Heidelberg. Fuxiu do nazismo en 1934, establecéndose en EE UU en 1941, onde foi profesora en varias universidades (California, Princeton, Chicago) e ocupou varios cargos en diversas organizacións xudías. Discípula de Jaspers e de Heidegger, é autora, entre outras obras, de The Origins of the Totalitarianism (As orixes do totalitarismo, 1951), The human condition (A condición humana, 1958) e About the revolution (Sobre a revolución, 1965). As súas memorias The correspondence, 1926-1969 foron publicadas en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Liguria (Italia) cunha importante secuencia estratigráfica, que vai dende o Arenense, documentado nun enterramento con enxoval típico, ata a Idade do Bronce. Ademais atopáronse restos de época romana. Destaca o nivel neolítico que proporcionou a base para a periodización do Neolítico no Mediterráneo occidental.
-
PERSOEIRO
Escritor nas linguas francesa e provenzal. É membro do felibrismo parisino, con claras influencias, sobre todo, de Mistral. Cómpre destacar a narración Jean des Figues (1869) e a novela Le chèvre d’or (A cabra de ouro, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Arenense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante rexional mediterránea do Gravetense que toma o seu nome do nivel inferior do xacemento arqueolóxico de Arene Candide; caracterízase por unhas longas puntas de cara plana.
-
-
Discurso dirixido a unha asemblea, a calquera grupo de persoas, especialmente coa finalidade de exaltalos para facer algunha cousa; especialmente no ámbito militar.
-
Discurso que molesta ao receptor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen realiza unha arenga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dirixir unha arenga a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
areixa.