Arendt, Hannah

Arendt, Hannah

Filósofa, socióloga e politicóloga norteamericana de orixe alemana. Doutorada en Humanidades na Universidade de Heidelberg. Fuxiu do nazismo en 1934, establecéndose en EE UU en 1941, onde foi profesora en varias universidades (California, Princeton, Chicago) e ocupou varios cargos en diversas organizacións xudías. Discípula de Jaspers e de Heidegger, é autora, entre outras obras, de The Origins of the Totalitarianism (As orixes do totalitarismo, 1951), The human condition (A condición humana, 1958) e About the revolution (Sobre a revolución, 1965). As súas memorias The correspondence, 1926-1969 foron publicadas en 1992.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hannover

  • Deceso

    Lugar : Nova York