"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

    1. Anaco de tea roto, sucio e moi gastado.

    2. Peza de roupa vella, sucia e moi esfiañada.

    3. Cada un dos anacos pequenos en que cae a neve.

    4. Flocos que colgan e adornan o roncón e o fol da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1496-1503). Aliouse cos turcos ante a ameaza dunha invasión por parte da alianza formada por Venecia, o papado e Luís XII de Francia e perdeu o reino ante o rei de Francia e Fernando o Católico. Fuxiu a Ischia (1501) e despois a Francia, onde lle concederon o ducado de Anjou a cambio de renunciar á Coroa de Nápoles, que pasou ao Reino de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinto libro do Novo Testamento. Escrito por Lucas, compañeiro de Paulo, como continuación do terceiro Evanxeo. Conta con dúas grandes partes, a primeira delas está dedicada ao apóstolo Pedro e a segunda a Paulo. Foi redactado contra o ano 60.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1458-1494) e duque de Calabria (1443-1494), fillo natural de Afonso V de Aragón. A súa investidura como rei de Nápoles foi rexeitada polo Papa Calixto III e polo duque de Lorena. Coroado en Bari (1459), derrotou o duque de Lorena na Batalla de Troia (1462). Na década de 1480 enfrontouse a varias sublevacións da nobreza napolitana que culminaron na Conxuración dos Baróns (1485-1486). Monarca renacentista, foi o fundador da primeira universidade napolitana (1465), o introdutor da imprenta (1474) e protector das artes e das letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1495-1496), fillo de Afonso II de Nápoles. Accedeu ao trono napolitano trala abdicación do seu pai e durante a conquista de Carlos VIII de Francia, polo que fuxiu a Sicilia. Unha vez que os exércitos da Liga de Venecia (1495) obrigaron o monarca francés a retirarse de Italia, retornou ao seu reino, onde casou coa súa tía Xoana de Aragón co fin de asegurarse a axuda de Fernando II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Fernando I das Dúas Sicilias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual editada pola asociación Fillos de Galicia de Sestao. Tírase do prelo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual editada polo centro galego de Tarragona. Tírase do prelo con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1921. Foi dirixida por Rex Ingram e interpretada por Rodolfo Valentino, Alice Terry e Pomeroy Cannon, entre outros. O filme foi prohibido en Alemaña polo seu carácter antixermano, pero en EE UU tivo un éxito sen precedentes grazas á figura de Rodolfo Valentino, que creou o prototipo do latin lover.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea rota, sucia e gastada.

    2. Peza de roupa moi gastada, vella e sucia.

    3. Persoa que viste con roupas moi gastadas ou que é descoidada no seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa ampla e exterior, en forma de túnica con mangas, que se pon sobre a roupa para evitar que se manche.

    2. Calquera cousa coa que se cobre algo para evitar que se encha de po.

    3. Peza de madeira que remata e sobresae dunha construción, especialmente dun retablo, para protexela do po.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cría do coello.

      2. Coello que aínda é novo.

    1. Persoa gorda e pequena.

    2. sabela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Policía política do estado nacionalsocialista alemán, creada en 1933 para combater os elementos subversivos. Foi organizada en Berlín por H. Göring ao servizo do partido nazi e dependente do ministerio de Interior. En 1934 incorporouse H. Himmler, xefe das SS, como novo inspector da Gestapo. Foi a forza represiva nazi máis importante e dispuxo de medios ilimitados para conseguir os seus fins; as súas decisións non necesitaban a aprobación dos tribunais de xustiza e, polo tanto, podía aniquilar calquera disidencia dentro do Estado e incluso dentro do partido. Destacou na represión dos grupos de resistencia dos países ocupados e na eliminación das minorías políticas e dos xudeus. Despois da vitoria dos aliados, os seus axentes foron detidos e condenados como criminais de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización considerada o brazo armado do Partido Comunista de España (Reconstituido), grupo de extrema esquerda fundado en 1975 a partir da antiga Organización Marxista Leninista de España (OMLE), que existía desde 1968. Acadou notoriedade en decembro de 1976 ao secuestrar o presidente do consello de Estado, A. M. de Oriol e o xeneral E. Villaescusa. Durante a década de 1980 uníronse ás campañas a prol da reunificación de presos levando a cabo folgas de fame de varios meses de duración nas que pereceu algún dos seus membros. Mantiveron a súa actividade ata o ano 2000, e unha das súas últimas accións foi o secuestro nunca resolto do empresario Publio Cordón, en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Redactor da revista O moscovita, foi o primeiro teorizador da doutrina estética da arte pola arte, e da crítica orgánica, intento de fusión da crítica idealista e da positivista. De tendencia romántica, manifestou influencias de Schelling e de Carlyle. Publicou Da verdade e a sinceridade na arte (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO