GRAPO

GRAPO
Nome científico: [Grupos Revolucionarios Antifascistas Primero de Octubre]

Organización considerada o brazo armado do Partido Comunista de España (Reconstituido), grupo de extrema esquerda fundado en 1975 a partir da antiga Organización Marxista Leninista de España (OMLE), que existía desde 1968. Acadou notoriedade en decembro de 1976 ao secuestrar o presidente do consello de Estado, A. M. de Oriol e o xeneral E. Villaescusa. Durante a década de 1980 uníronse ás campañas a prol da reunificación de presos levando a cabo folgas de fame de varios meses de duración nas que pereceu algún dos seus membros. Mantiveron a súa actividade ata o ano 2000, e unha das súas últimas accións foi o secuestro nunca resolto do empresario Publio Cordón, en 1995.