graptolite

graptolite
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos graptolites.

  2. s m [PALEONT]

    Fósil do grupo dos graptolites.

  3. s m pl [PALEONT]

    Grupo de organismos fósiles, mariños, de peridermo quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas. Atópanse do Cámbrico ao Carbonífero, onde se extinguiron totalmente, e son moi importantes para datar os estratos onde aparecen. Os primeiros graptolites que se atoparon en Galicia foron os de Puentes de Domingo Flórez, no límite das provincias de León e Ourense, en 1860. Dentro dos graptolites destacan os xéneros Diplograptus, Monograptis, Phyllograptus e Rastrites.

Palabras veciñas

2 grao | GRAPO | Grappelli, Stéphane | graptolite | Grases i Riera, Josep | Grass, Günter | Grasse