Grass, Günter

Grass, Günter

Escritor alemán. Fundador e membro do grupo 47, a súa obra mostra a unión entre o compromiso social e a imaxinación. Publicou, entre outros libros, Noch zehn Minuten bis Buffalo (Faltan dez minutos para Buffalo, 1958), Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata, 1959), Katz und Maus (O gato e o rato, 1961), Hundejahre (Anos de can, 1963), Örtlich betäubt (Anestesia local, 1969), Aus dem Tagebuch einer Schnecke (Do diario dun caracol, 1975), Der Butt (O rodaballo, 1977), Das Treffen in Telgte (Encontro en Telgte, 1979), Aufsätze zur Literatur (Ensaios sobre literatura, 1980), Die Rättin (A rata, 1986), Zunge Zeigen (Ensinar a lingua, 1988), Unkenrufe (Malos presaxios, 1992), Ein weites Feld (Un conto longo, 1995), Mein Jahrhundert (O meu século, 1999) e Im Krebsgang (A paso de caranguexo, 2002). Entre outros galardóns recibiu o Premio Büchner (1965), o Premio Feltrinelli (1982), o Premio Nobel de Literatura (1999) e o Premio Príncipe de Asturias (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Danzing, actual Gda&#