"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasar a rebola ou a rapadoira por unha medida de grans ou polo bordo dun recipiente para quitar o que sobra e conseguir a medida xusta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se designa, en ocasións, aos ártabros (artabri); esta confusión débese ás dúbidas e discrepancias entre os diferentes autores que se ocuparon dos pobos indíxenas da Gallaecia. Segundo Bosch i Gimpera, sería máis consonte coa denominación que debían ter na súa propia lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de éxtase ou ensimesmamento, producido por un sentimento de admiración ou entusiasmo, no que a persoa parece estar fóra de si.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Haití (4.984 km2; 1.013.779 h [estim 1995]). A capital é Gonaïves (63.291 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso resultado da destilación da feluxe das chemineas. É unha mestura de pirocatecol e doutros compostos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de manganeso e de cobalto hidratado, de fórmula CoOD2MnO2D4H2O. Mineral que se presenta en masas negras e de aspecto terroso semellante á ferruxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno afásico que consiste na perda patolóxica da comprensión e utilización dos símbolos da linguaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo dun pobo amerindio do grupo sioux que fala un dialecto do dakota. Tradicionalmente estaban establecidos ao oeste do Winnipeg e agora habitan nas reservas do estado de Montana e de Alberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización socio-laboral fundada en abril de 1932 en Vigo. Estaba conformada por maquinistas e patróns de pesca da cidade e non se establecía a afiliación de mariñeiros. A fins de 1932 ingresou na UGT baixo a denominación de Sociedad de Patrones, Habilitados y Fogoneros, sendo unha das poucas organizacións de traballadores do mar afiliada ao socialismo, xa que a CNT exercía, por eses anos, un total dominio sobre o sector mariñeiro galego.
-
-
PERSOEIRO
Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clube Voleibol Atlética.
-
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Despois dunha longa carreira como actor, que comezara no teatro, achegouse ao cine grazas a Noel Coward. Destacou na realización de filmes históricos e biográficos como A brigde too Far (Unha ponte moi lonxe, 1977), Gandhi (Gandhi, 1982), Cry Freedom (Berra Liberdade, 1987), Charlie (Charlie, 1992), biografía de Charlie Chaplin, e Shadowlands (Terra de sombras, 1993). A súa película Oh! What a lovely war (Oh, que guerra tan maravillosa!, 1969), está considerada como un dos filmes máis inconformistas da cinematografía británica que causou, na súa estrea, un grande escándalo debido ao ton sarcástico e irónico que empregaban os propios actores ante a contenda bélica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario sueco. Formado no Prerromanticismo sueco, constituíuse en abandeirado do grupo literario Auroraförbundet. Toda a súa obra é unha procura da arte en si mesma, da poesía pura. Compuxo unha serie de poemas dramáticos recollidos baixo os títulos de Fagel Bla (O paxaro azul, 1814) e Lycksalighetens Ö (A illa da felicidade, 1824-1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor norteamericano. Discípulo en Francia de Jacques Louis David, instalouse nos EE UU en 1831. Afeccionado á ornitoloxía, representou paxaros cunha técnica minuciosa (The Birds of America, Os paxaros de América, 1827-1838). Á marxe do primitivismo e do colonialismo preponderante na América do seu tempo, sentou as bases dun Naturalismo especificamente americano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aglomeración da área suburbana de París, Francia, ao NL da capital, no departamento do Sena-Saint-Dénis, distrito de Pontoise (82.314 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeobotánica que se ocupa do estudo de cada taxon particular, en oposición á sinxeobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
L’ubov’ Isaakovna Aksel’rod.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pavel Borisovič Aksel’rod.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e actor teatral. Introduciu no teatro un forte elemento de farsa, patente dende o seu primeiro traballo, Relatively Speaking (Falando relativamente, 1965). É autor tamén, entre outras, de The Norman Conquest (A conquista dos normandos, 1972), Sisterly Feelings (Sentimentos de irmá, 1979), Way Upstream (O camiño río arriba, 1982), A Chorus of Disapproval (O coro da desaprobación, 1984), Man of the Moment (O home do momento, 1988), Body Language (A linguaxe do corpo, 1990) e Wildest Dreams (Os soños máis salvaxes, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO