Ayckbourn, Alan
Ayckbourn, Alan
Dramaturgo e actor teatral. Introduciu no teatro un forte elemento de farsa, patente dende o seu primeiro traballo, Relatively Speaking (Falando relativamente, 1965). É autor tamén, entre outras, de The Norman Conquest (A conquista dos normandos, 1972), Sisterly Feelings (Sentimentos de irmá, 1979), Way Upstream (O camiño río arriba, 1982), A Chorus of Disapproval (O coro da desaprobación, 1984), Man of the Moment (O home do momento, 1988), Body Language (A linguaxe do corpo, 1990) e Wildest Dreams (Os soños máis salvaxes, 1991).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres