"Bra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1231.
-
PERSOEIRO
Princesa francesa e Raíña de Castela. Filla do duque Pedro de Borbón e de Isabel de Valois, casou co Rei Pedro I o Cruel (1351), quen a abandonou aos tres días de casar, e logo a perseguiu ata conseguir que a encarcerasen no castelo de Medina Sidonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Otón IV, conde de Borgoña. Casou con Carlos IV de Francia. Acusada de adulterio, foi repudiada en 1322 e retirouse a unha abadía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña (1223-1226) e rexente de Francia (1226-1242). Filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra, casou con Luís VIII de Francia. Foi rexente do seu fillo Luís IX durante a súa minoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa francesa. Filla de Luís IX, casou con Fernando de la Cerda, fillo primoxénito de Afonso X. Trala morte do seu home (1275), retirouse a Francia por mor das disputas entre os seus fillos, os infantes de la Cerda, e Sancho IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón. Filla de Carlos II de Nápoles e Margarida de Hungría, casou con Xaime II. Tivo chancelería propia e foi nai de Afonso IV o Benigno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filla de Pedro II de Sicilia e Isabel de Corintia. Foi abadesa do convento das clarisas de Messina. Ocupada a cidade polos anxevinos, fixérona prisioneira en Nápoles. Despois de ser liberada, instalouse en Catalunya onde casou en 1364 co conde Joan I de Empuries, curmán de Pedro III o Cerimonioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1425-1441). Filla de Carlos III o Nobre e Leonor de Trastámara. Casou en 1402 con Martiño o Mozo, Rei de Sicilia e herdeiro da coroa de Aragón. Ao morrer este, gobernou Sicilia (1409-1415). Casou en segundas nupcias co futuro Xoán II de Aragón. Asociou ao trono de Navarra ao seu home, e ao nacer o fillo de ambos, Carlos, príncipe de Viana (1421), nomeouno herdeiro, pero no testamento estableceu que o príncipe non podería gobernar sen o consentimento do seu pai. Trala súa morte, comezou unha guerra civil entre os partidarios do príncipe de Viana e de Xoán II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1461-1464). Filla de Xoán II de Aragón e de Branca I de Navarra. Xunto co seu irmán Carlos, príncipe de Viana, reclamou a seu pai os seus dereitos ao trono navarro, pero Xoán II desherdounos en favor da súa filla máis nova, Leonor (1455), casada con Gastón IV de Foix. Prisioneira do seu pai, Branca cedeu os seus dereitos a Enrique IV de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Milán. Filla ilexítima de Filippo Maria Visconti, duque de Milán, e de Agnese del Maino. En 1441 recibiu como dote Cremona e Pontremoli ao casar co condottiere Francesco Sforza, e en 1450 conseguiu a sucesión do seu pai. Morto Francesco Sforza en 1466, fíxose cargo do goberno en nome do seu fillo Galeazzo Maria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro italiano, autor de Le macchine, volume nuovo e di molto artificio da fare effetti meravigliosi (A máquina, novo e artificioso volume, para conseguir efectos marabillosos, 1629), onde describe unha primitiva turbina de acción que non tivo realización práctica. Foi o arquitecto da Casa de Loreto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e filólogo italiano. Director da Fundación Giorgio Cini de Venecia. Fixo estudios sobre Boccaccio e traballou na edición das súas obras: Rime (Rimas), Amorosa visione (Visión amorosa), Caccia di Diana (A caza de Diana) e especialmente o Decamerón. Fundou e dirixiu a revista Studi boccaccheschi (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminina do cancioneiro popular. A canción de Brancaflor é de tema cabaleiresco e a probablemente teña a súa orixe na tradición literaria medieval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe feminina protagonista do conto homónimo dos irmáns Grimm, recollido en Kinder und Hausmärchen (Contos infantís e do fogar, 1812-1814). Inspirado na tradición popular, converteuse nunha das personaxes máis famosas desta obra. Walt Disney inspirouse nela para a súa primeira longametraxe de debuxos animados (1938). Unha fermosa rapaza atópase no bosque cun grupo de simpáticos ananos que a conducen á súa casa. A súa madrasta, molesta pola beleza da rapaza, disfrázase e entrégalle no bosque unha mazá que a some nun profundo sono. Só espertará grazas ao bico dun aposto príncipe.
-
PERSOEIRO
Pintor de orixe portuguesa instalado en Verín. Realizou xunto co pintor Bieito de Padilla o retablo da capela da Visitación de Santa Isabel, no mosteiro de San Francisco de Noia no 1583, así como as imaxes da Virxe e do arcanxo san Gabriel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista italiano. Realizou nas súas obras unha serie de observacións irónicas dos seus personaxes inmersos nunha sociedade provinciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariedade de uva tinta cultivada no Ribeiro de Avia, na comarca do Arnoia e noutras zonas vitícolas de Galicia. O seu sabor doce dálle un gusto especial ao viño. Emprégase na elaboración dos viños tintos da Denominación de Orixe Ribeiro, onde constitúe a máis preciada e definitoria variedade dos caldos tintos.
-
Viño que se obtén da uva do mesmo nome.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos nervos que dan forma á estrutura dunha cúpula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Madeiro que está atravesado e ensamblado noutros dous e que ten a función de servir de apoio aos madeiros intermedios, deixando un oco que non debe chegar ao muro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de animais procordados do subfilo dos cefalocordados ao que pertence o anfioxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos da clase dos branquiópodos caracterizados por ter un par de antenas longas e outro par curtas. A especie B. schaefferi, que pode acadar ata os 12 mm de lonxitude, é propia das augas continentais europeas.