"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Doutorouse na especialidade de Ciencias Naturais pola Universidad de Madrid en 1920. Ocupou importantes cargos técnicos e obtivo numerosos nomeamentos e distincións internacionais. Entre a súa ampla relación de publicacions atópanse, referidas á xeoloxía de Galicia, Huellas glaciares en la Sierra de Queija (1949), Geomorfología de la cuenca media del Sil (1949), El glaciarismo cuaternario de la Sierra de Queija (1958), Formación pliocena detrítica en el litoral lucense (1967) e Datos fisiográficos en relación con el balneario de Caldelas de Tuy (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturista. Foi un dos introdutores nos reinos hispánicos da anatomía vesaliana e un dos primeiros defensores da circulación pulmonar. Dirixiu a primeira expedición científica destinada a coñecer a flora e a fauna de América, enviada por Filipe II en 1570 a Nueva España. Escribiu unha Historia Natural de Nueva España, que non chegou a ser publicada, e da que se perderon os seus orixinais no incendio de El Escorial de 1617.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa e narradora. Pertenceu a unha familia de clase media, que lle facilitou coidada educación. Admiradora de Rosalía de Castro, nos seus poemas líricos amosa a influencia da escritora padronesa. Nese sentido, destacan os títulos Sorrisas e bágoas (1913), Almas de muller... volallas na luz! (1915) e Frores do noso paxareco (1919), moi en sintonía co folclorismo amosado por Rosalía en Cantares Gallegos. Nesas composicións, ademais de intensificar a emotividade, tentou ofrecer unha idea do labor da muller no campo e os seus valores tradicionais. Esforzouse por difundir a través dos seus libros unha lingua narrativa nova, nalgúns casos un tanto barroca, pero lingüística e estilisticamente renovada. A súa obra mestra foi Néveda (1920), onde a autora desenvolveu mediante o modelo do folletín unha trama amorosa nun espazo rural. En narrativa sobresaen A ialma de Mingos (1922), Martes de Antroido (1925) e A neta da naipeira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o Vello, evolucionou desde unha pintura ao xeito dos manieristas italianos, da que destaca La apoteosis de san Hermenegildo (1624), cara a un naturalismo próximo ao de Caravaggio. O seu fillo, Francisco de Herrera o Mozo (Sevilla 1622-Madrid 1685), foi pintor e arquitecto. Cultivou o fresco e foi pintor da corte madrileña (1656). Entre as súas obras destaca Gloria de san Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista Xeral de Galicia. Foi xuíz eclesiástico e visitador do arcebispado de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Anales del Reino de Galicia (1733-1736), nos que incluía abundantes datos sobre a xeografía, a historia e a arqueoloxía de Galicia, e España primitiva, historia de sus reyes y monarcas desde su población hasta Cristo (1738-1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Coñecido como Paco Ibáñez, desde 1939 residiu en París, onde estudiou guitarra clásica e participou nalgún grupo musical. No ano 1967 deuse a coñecer en España e en 1968 gravou o primeiro disco con poemas de Góngora e F. García Lorca. Foi un dos cantautores máis destacados da “canción protesta”. Da súa discografía destaca Paco Ibáñez a L’Olympia (1969), A flor de Tiempo (1978), Por una canción (1990), A Galopar (1992), Oroitzen (1999) e Paco Ibáñez canta a José Agustín Goytisolo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor de cómics. A súa obra caracterízase polo dinamismo e a violencia da narración, o sentido da comicidade baseado na brutalidade física e na fantasía que caracterizan os personaxes, pola planificación a base de gags sucesivos e polo debuxo caricaturesco moi simple. Entre os seus cómics destacan Mortadelo y Filemón, La familia Trapisonda, 13, Rue del percebe, El botones Sacarino, Rompetechos e Pepe Gotera y Otilio. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e poeta. Influenciado pola obra de Rosalía, Curros e Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas. Exerceu como mestre na Escola Práctica anexa á Normal da Coruña e, desde 1865, na Escola Normal de mestras. Fundador e director de El Diario de Galicia (1856), o 1 de outubro de 1860 fundou, en colaboración co seu irmán Antonio, a revista Galicia. Ademais, colaborou cos seus artigos e composicións poéticas en numerosas publicacións da época. Creador da sociedade Folk-lore Gallego, fundou en 1891 a Asociación Regionalista da Coruña. Da súa obra cómpre destacar o poema Galicia (1861), co que conseguiu o primeiro premio dos Xogos Florais da Coruña; o primeiro drama escrito en galego, titulado A fonte do xuramento (1882); e unha recompilación póstuma de poesías Do mar e da terra (1930), realizada por Gumersindo Placer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Aviador. Formouse na Academia de Guadalajara, participou na Guerra de Marrocos e chegou a capitán en 1926. Realizou a travesía aérea Sevilla-Karachi (1928) e en 1929, co avión Jesús del Gran Poder, a do Atlántico Sur (1929), na que partiu de Tablada (Sevilla) coa intención de chegar ata Rio de Janeiro, pero a falta de combustible obrigoulle a aterrar en Bahia, despois de percorrer 6.746 Km en 43 horas. Dirixiu o primeiro continxente da Sociedade de Nacións na fronteira entre Colombia e Perú, na rexión de Leticia (1934), e ao tempo explorou a rexión en hidroavión. Tiña prevista unha expedición científica polo Amazonas que non puido realizar por causa da Guerra Civil, na que participou a carón dos sublevados. Trala guerra foi secretario xeral e técnico do Exército do Aire. Foi xefe de obras do aeroporto de Santiago de Compostela, co rango de tenente coronel, e dirixiu o proxecto para o aeroporto da Coruña, aprobado polo goberno en 1953. Presidiu o comité técnico de Iberia e o consello de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, é profesor de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador de numerosas revistas e xornais, publicou Historia de una empresa periodística (1980), La televisión dominada (1990) e Una semana sin televisión (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Foi un dos autores incluídos no Cancionero de Baena e un dos introdutores do hendecasílabo na poesía castelá. Dentro da súa poesía didáctica destacan El Dezir a las syete virtudes (1977) e Visión de los siete planetas. Escribiu tamén Relación de la memorable colgadura de cera (1672).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliógrafo. Realizou unha nova bibliografía xeral portuguesa, o Dicionario Bibliográfico Português, que publicou entre 1858 e 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo e psicólogo. En 1983 fundou a revista de educación especial QUINESIA, única neste ámbito en Galicia. É profesor asociado da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. É autor de O profesor e o ensino da lectura (1996) e Orientación escolar en Galicia (1997); ademais é coautor de Determinantes da integración escolar (1986), Eidos de intervención en psicoloxía (1987) e Formación, transición e emprego (1995), e tamén colaborou en Psicopedagoxía da lectura (1991) e coordinou Adaptacións curriculares para alumnos con necesidades educativas especiais (1997). É membro fundador (1996) e presidente da Fundación QUINESIA para a Integración Social das Persoas con Discapacidades. Dirixiu (1998-2001) o Proxecto IUVENIS de Inserción Laboral de Xoves con Discapacidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xesuíta. Coñecido como Padre Isla, é autor de numerosas obras satíricas, como Historia del famoso predicador Fray Gerundio de Campazas, publicada en dúas partes (1758 e 1770) e condenada pola Inquisición en 1760. Ao ser expulsado dos xesuítas, residiu en Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Relacionada con diversos membros da Igrexa, como Diego A. Cernadas Castro, cura de Fruíme, encargouse da ordenación e publicación das obras do seu irmán o Padre Isla. Malia que destruíu a maior parte da súa obra, sábese que escribiu unha biografía sobre o cura de Fruíme, sen asinar, e outra sobre o Padre Isla, publicada co pseudónimo J. I. de Salas. Ademais, compuxo o canto heroico de temática sentimental Despedida de Lydia y Armindo e un romance humorístico en galego dedicado ao cura de Fruíme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Arquitecto e profesor de debuxo. Formou parte do grupo de teatro independente Andrómena (1979-1981) e foi un dos creadores do Colectivo Xofre. Foi autor do cómic Cita na Habana (2000) e ilustrou diversos libros, como A formiga coxa (1990) de Marilar Aleixandre, Leonardo e os fontaneiros (1990) de Mª Victoria Moreno, A tribo ten catro ríos (1991) de Manuel María, O avión de Cangas (1992) de Darío X. Cabana, e A miña man na túa (1996) de Mariasun Landa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, foi autor, entre outras obras, da Biblioteca Nacional (1865-1892), realizada en estilo neogrego, e o Tribunal de Cuentas (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Formouse en Salamanca e Roma e, ao regresar a España, foi arcipreste de Uceda e recibiu a capelanía da catedral de Sigüenza en 1480. En 1484 ingresou no convento de franciscanos de Toledo, onde cambiou o seu nome, Gonzalo, polo de Francisco. Confesor desde 1492 de Isabel I a Católica, provincial dos franciscanos (1494) e arcebispo de Toledo desde 1495, impulsou a tarefa reformista para restablecer a pureza da orde de san Francisco e das ordes mendicantes e para frear as inmunidades e os privilexios do clero secular. En 1499 trasladouse a Granada, onde emprendeu unha política de conversión rápida dos mudéxares, que contribuíu a desencadear unha guerra de guerrillas en Las Alpujarras. Ao morrer a raíña (1504), converteuse na personalidade clave e moderadora nas desavinzas entre Fernando I o Católico e Filipe II de Aragón o Fermoso; ao finar este prematuramente (1506), como membro da rexencia, apurou a volta de Italia de Fernando I o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, avogado e político. Colaborador de diversas publicacións periódicas, dirixiu El Balón e Foro Gallego. No eido político exerceu como tenente de alcalde do concello da Coruña e creou, xunto con Cristino Álvarez, o trofeo Teresa Herrera de fútbol. Ademais, foi membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedad Anatómica Española e decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO