Herrera Garrido, Francisca

Herrera Garrido, Francisca

Poetisa e narradora. Pertenceu a unha familia de clase media, que lle facilitou coidada educación. Admiradora de Rosalía de Castro, nos seus poemas líricos amosa a influencia da escritora padronesa. Nese sentido, destacan os títulos Sorrisas e bágoas (1913), Almas de muller... volallas na luz! (1915) e Frores do noso paxareco (1919), moi en sintonía co folclorismo amosado por Rosalía en Cantares Gallegos. Nesas composicións, ademais de intensificar a emotividade, tentou ofrecer unha idea do labor da muller no campo e os seus valores tradicionais. Esforzouse por difundir a través dos seus libros unha lingua narrativa nova, nalgúns casos un tanto barroca, pero lingüística e estilisticamente renovada. A súa obra mestra foi Néveda (1920), onde a autora desenvolveu mediante o modelo do folletín unha trama amorosa nun espazo rural. En narrativa sobresaen A ialma de Mingos (1922), Martes de Antroido (1925) e A neta da naipeira (1925), publicada en Nós. Ademais, editou en castelán Pepiña (1922), Réproba (1926) e Familia de Lobos (1928). Recibiu un premio de El Diario Español de Bos Aires polos seus traballos sobre Rosalía. Foi a primeira muller elixida académica numeraria da Real Academia Galega e en 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso