"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
-
Que está relacionado co núcleo e co citoplasma dunha célula.
-
Relación entre o volume do citoplasma e o do núcleo dunha célula.
-
-
REXIÓNS
Rexión histórica de Francia (190.000 km2; 15.900.000 h [estim 1990]). Limita, ao O, co Océano Atlántico, ao SL co Mar Mediterráneo, ao L penetra en Piemonte, no territorio do actual estado italiano, e toca Liguria. A liña que marca a delimitación setentrional describe dúas curvas pequenas nos extremos e unha grande no centro, e deixa do outro lado desta liña, de L a O, Savoia, a parte alta de Delfinado e de Auvernia, condado da Marca, Limoges e Poitou; a parte meridional limita co Pays Basque francés, Aragón e Catalunya. Occitania componse das rexións de Gascoña, Guyenne, Lemosín, Auvernia, Delfinado, Provenza e Languedoc. Sobre esta división autóctona e tradicional o centralismo francés impuxo a división administrativa en rexións e departamentos, resultado da Revolución Francesa. De acordo con esta división, Occitania quedou comprendida (aínda que os límites non coinciden totalmente) nas rexións administrativas de Aquitania, Lemosín, Auvernia, Rhône-Alpes, Provenza-Alpes-Costa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
occitano.
-
-
Movemento político-cultural que busca recuperar a nacionalidade de Occitania en oposición á política centralista de Francia.
-
Elemento lingüístico propio da lingua occitana ou que procede dela.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao occitanismo.
-
Seguidor do occitanismo.
-
-
Persoa estudosa da lingua e a cultura occitanas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de occitanizar ou de occitanizarse.
-
-
Adaptar algo á maneira occitana.
-
Converterse aos costumes occitanos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Occitania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Occitania.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo occitano.
-
Individuo do pobo occitano.
-
Pobo de raza basicamente indoeuropea establecido en Occitania. A Idade de Bronce caracterizouse pola aparición da cultura dos campos de furnas, que finalizou co inicio da cultura ibérica do ferro, fortemente influída pola chegada dos gregos focenses (s VI a C), fundadores de Massalia (actual Marsella). A partir do s V a C, unha invasión céltica penetrou en todas as rexións occitanas. Os efectos da conquista romana deixáronse sentir fortemente pero a creación dun estado visigodo ao SO (s V), acentuou a diferenza entre as dúas metades da antiga Galia: a francesa e a provenzal. Co paso dos séculos, confluíron e impuxéronse sobre o territorio outras civilizacións, como a de oïl.
-
-
Lingua románica, denominada tamén lingua de oc, que pertence ao grupo lingüístico galorrománico. É a lingua propia de Occitania e constitúese como a lingua minorizada máis extensa en Francia. Pódese fixar a súa fronteira coas linguas de oïl partindo da confluencia dos ríos Garona e Dordogne, ata Châteldon (Auvernia). A partir de aquí, o límite, que tamén separa o territorio lingüístico occitano do francoprovenzal, descende cara ao sur ata a fronteira italiana. Respecto ás linguas italianas, a liña divisoria non é tan clara : pódese dicir que todos os altos vales dos Alpes e algunhas localidades da chaira piemontesa son occitanas, pero tamén cómpre sinalar que unhas determinadas zonas, territorialmente occitanas, acusan a influencia do piemontés. Co aragonés e o catalán, a fronteira lingüística segue a liña que vai do cumio do Auñamendi (Pireneo Occidental) ata Porte Puymorens, exceptuando a zona aranesa, e de aquí continúa ata Salses-le-Chatêau e o mar. Co dominio lingüístico...
-
Literatura realizada en Occitania. Os textos occitanos máis antigos que se coñecen, e que ofrecen un auténtico valor literario, datan do s XI, pero é a partir do s XII cando se desenvolveu a poesía dos trobadores. Guillerme IX de Aquitania está considerado como o primeiro trobador, xunto a Jaufré Rudel, Ebles II e Marcabrú. Instauraron o amor cortés na poesía e impuxeron os seus temas referenciais, particularmente o da muller ausente e desexada. A partir de 1150 xa se pode falar de madureza e de clasicismo. O máis destacado foi Bernat de Ventadorn, o mestre do trobar lèu. Neste momento tamén se rexistraron cantigas asinadas por mulleres, como a condesa de Dia. Os xéneros multiplicáronse (pastorela, alba, tenzón, sirventés), e dos autores que dominaron o final do s XII cómpre salientar a Girault de Bornelh, Bertran de Born e, especialmente, Arnaut Daniel. Desde o s XII existiu unha epopea occitana e no s XIII desenvolveuse unha notable produción novelística. No s XIII, coa cruzada...
-
Arte musical cultivada en Occitania. Desde o s V, Tolosa de Languedoc foi un centro de liturxia mozárabe grazas á presenza visigoda. A carón dun importante florecemento de música relixiosa, na baixa Idade Media, acadou unha importancia excepcional a música dos trobadores na música profana. A ruína de Occitania como entidade política supuxo a lenta desnaturalización cultural. No s XVII tivo moita importancia a música de ballet, a ópera e a música relixiosa. Aínda así, a maior parte dos compositores occitanos de prestixio traballaron en París ou noutros lugares do estranxeiro, e son coñecidos con nomes e apelidos afrancesados. A escola de Aix-en-Provence, de longa tradición, deu durante o s XVIII figuras como o operista italianizante E. J. Flocquet. Nos ss XIX e XX moitos compositores occitanos centráronse en París, como G. Fauré, E. Chabrier, V. d’ Indy, Ch. Bordas e o violinista P. Rode. Máis conscientes do seu occitanismo foron, en cambio, D. Milhaud, E. Poulenc, O. Messiaen e G. Auric....
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Oklahoma, EE UU, na beira do North Canadian (506.132 h [2000]). Fundada en 1899, experimentou un grande incremento de poboación como consecuencia das prospeccións petroleiras. É un centro industrial e mercado agrícola de algodón, e posúe universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución na cantidade de eritrocitos no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ovo provisto de pouca cantidade de vitelo, propio das especies en que o embrión non se nutre das substancias vitelinas, senón que o fai do corpo materno ou ben pasa rapidamente a estado larvario e a facer vida libre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula sexual feminina que provén do oogonio mediante o proceso da ooxénese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma madura da célula ósea, que constitúe o tecido óseo desenvolto. É importante na regulación do metabolismo do calcio e na envoltura de materia ósea calcificada, sen perder a capacidade de división.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ostra fósil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito oval que revela a presenza dun tipo de anemia hereditaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución do número de eritrocitos, de leucocitos e de plaquetas no sangue periférico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula do peritelio. OBS: Tamén se denomina célula de Rouget.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito deformado e sólido, que se localiza nunha pequena proporción no lactante e, en maior proporción, nos trastornos hemolíticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das células ectodérmicas planas que tapizan o corpo dos poríferos. Nos de tipo sicón tapizan o exterior do corpo e a cavidade gástrica; nos de tipo leucón recobren só as partes interiores da cavidade gástrica.