Oklahoma City

Oklahoma City

Capital do estado de Oklahoma, EE UU, na beira do North Canadian (506.132 h [2000]). Fundada en 1899, experimentou un grande incremento de poboación como consecuencia das prospeccións petroleiras. É un centro industrial e mercado agrícola de algodón, e posúe universidade.