"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • PERSOEIRO

    Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor e impresor. Primeiramente adquiriu unha librería en Santiago de Compostela. En 1830 mercou a imprenta de Ramón Temes Gil e transformouna nunha das de máis produción e de mellor calidade do seu tempo. Nas cidades de Santiago de Compostela, Ourense e Vigo editáronse libros e traballos que foron eloxiados pola súa calidade tipográfica. Entre as obras impresas por Francisco Compañel figuran Observaciones al Código Penal (1834), de Bermúdez del Villar, e Estorbos que padece la agricultura, aínda que esta última vai firmada co selo Viuda e Hijos de Compañel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de conciso.

    2. Modelo retórico baseado na sinxeleza expresiva, que implica a habilidade do orador para articular un discurso no que se enuncie con claridade, brevidade e precisión un conxunto de ideas. Entre os procedementos empregados para acadala son comúns, ademais dos períodos breves e dos tempos simples, a alusión, a elipse, o asíndeto ou as reticencias. Na Antigüidade clásica sinalábanse como exemplos de concisión a prosa de Aristóteles e os textos de César, Xuvenal ou Tácito. O conceptismo defendeu tamén a concisión estilística. Na literatura galega, os textos breves de Cousas (1926), de Castelao, constitúen unha mostra representativa desta tendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresado coas palabras precisas.

    2. Aplícase á persoa que se expresa coas palabras imprescindibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que se publicou dende xuño de 1837 ata outubro do mesmo ano na Coruña. Sebastián de Iguereta foi o editor e impresor. Creouse co fin de informar sobre a Constitución recentemente promulgada, e nas súas páxinas apareceron leis, decretos e ordes do goberno e das autoridades. Acollía noticias da localidade e do estranxeiro, e, ás veces, incluía suplementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que se publicou en novembro de 1811 na Coruña. A imprenta de Cándido Pérez Prieto editou os únicos catro números que saíron. Organizado nas seccións “Artículos”, “Noticias de la Guerra”, “Noticias del Extranjero” ou “Poemas”, era antifrancés, informaba sobre a guerra, e insería palabras ou frases en galego entre a redacción en castelán. Pretendía imitar unha publicación editada en Cádiz, un dos primeiros periódicos liberais de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Medicina e Radioloxía. Foi presidente do pavillón España da Facultad Universitaria de Ciencias Médicas do hospital Miguel Enríquez, antes coñecido como La Benéfica, pertencente ao centro galego de La Habana, secretario de propaganda da Federación de sociedades galegas de Cuba e presidente da comisión nacional de docencia de posgrao de radioloxía. Ademais, deseñou o novo plano de estudios de medicina de Cuba. É o fundador e editor das revistas Archivos del hospital Universitario Calixto García e Archivos de la nueva medicina La Benéfica. Realizou diversos estudios científicos sobre a saúde da comunidade galega en Cuba. É autor de Tumores de fibra muscular del estómago, Clínica y terapéutica quirúrgica del profesor Vicente Banet e Enseñanza problemática en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou nunha fábrica de curtidos en Inglaterra antes de regresar á súa vila natal para facerse cargo da empresa de curtumes do seu pai. O primeiro proxecto que acometeu foi a modernización da fábrica familiar e a creación dunha importante explotación gandeira de carácter industrial. Non obstante , a súa obra máis coñecida é a dotación de electricidade á cidade de Ourense para o que construíu a estación térmica do Campo dos Remedios, no Miño. Tamén foi o construtor dos saltos dos ríos Loña, Arnoia e Mao. Exerceu, ademais, como membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e como secretario da Comisión de Monumentos de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ferreiro. Realizou unhas reixas de ferro para o mosteiro de Vilanova de Lourenzá en 1650.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. En 1825 proxectou e dirixiu a construción da fonte da praza das Praterías e realizou a escaleira da praza da Acibechería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escenógrafo. Traballou en numerosas montaxes de grupos galegos como Teatro da Mari-Gaila, a Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, así como no Centro Dramático Galego. Entre as súas escenografías poden contarse as dos espectáculos Woyzeck (1984), Xoana (1985) e Rei Lear (1990). No ano 1997 recibiu o Premio María Casares á mellor escenografía polo espectáculo Noite de Reis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre canteiro. Traballou nas obras da capela maior no santuario da Nosa Señora do Corpiño, en Santa Baia de Losón (Lalín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, agrónomo e intelectual ilustrado. Estudiou medicina nas universidades de Oviedo e Santiago de Compostela, onde ocupou unha cátedra de Física Experimental e Agricultura. Defendeu o racionalismo, a observación e a experimentación fronte á filosofía escolástica e peripatética, feito que lle ocasionou problemas coa Inquisición; así mesmo, amosou unha gran preocupación polo ensino das ciencias utilitarias e a súa aplicación á realidade económica galega. Centrou a súa análise na industria do liño e achegou importantes recomendacións para o seu desenvolvemento; así, propuxo reformas técnicas, como a difusión da roda de fiar, o branqueo anterior ao tecido, o emprego do liño para lenzos finos e non para panos, etc. Escribiu, entre outras obras, Memoria sobre el conocimiento de las tierras, verdadero y económico método de cultivarlas (1786), Ensayo sobre hidráulica rústica (1788) e Memoria físico-económica sobre el mejoramiento de los lienzos gallegos por todos los medios conocidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador, produtor e guionista cinematográfico norteamericano. Iniciouse no cine en 1963 coa película Dementia 13. O éxito conseguido con The Godfather (O Padriño), nas dúas primeiras partes correspondentes a 1971 e 1975, e coas que obtivo tres e seis Oscar respectivamente, permitiulle realizar The Conversation (A conversa, 1973), filme premiado en Cannes. Neses anos escribiu o guión de Patton (1970), filme dirixido por Franklin J. Schaffner, e The great Gastby (O gran Gastby, 1974). Pronto se converteu nun dos principais directores do novo cine norteamericano con películas como Apocalypse now (1979), The Outsiders (Rebeldes, 1983), The Cotton Club (1984), Tucker: The Man and his Dream (Tucker: un home e o seu soño, 1988), The Godfather III (O Padriño III, 1990), Dracula (1992) ou Jack (1996). Como produtor destacan American Graffiti (1973), Kagemusha (1980), Frankestein...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e fidalgo. Na primavera de 1810 foi elixido deputado suplente pola provincia de Mondoñedo para as Cortes de Cádiz. Despois dun novo proceso electoral, celebrado en agosto dese mesmo ano, foi elixido Manuel Freire Castrillón, mentres que Francisco Cora foi nomeado novamente deputado suplente. En 1813 morreu Antonio Abadín, elixido nas primeiras eleccións de 1810, polo que as Cortes reclamaron a súa substitución; sen embargo, Cora solicitou a súa exención por razóns de saúde e a súa actividade política como deputado galego en Cádiz foi escasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Foi organista das catedrais de Jaén (1636-1640) e Segovia (1640-1653). En 1626 publicou Libro de tientos y discursos de música práctica y teórica de órgano, volume que contén unha parte teórica que constitúe un tratado musical fundamental no Barroco español e un conxunto de 69 composicións para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Coruña. Asentada fóra das murallas, construíuse en 1262 e foi parcialmente demolida en 1589 para evitar que as tropas de Drake a empregasen como parapeto. En 1651 foi arrasada polo estoupido da torre de pólvora da fortaleza da cidade. Integrada trala desamortización na Maestranza de Artillería, usouse como prisión e despois foi propiedade particular. En 1963 trasladouse xunto ao monte de Santa Margarida, prolongouse a súa nave e construíuse unha torre. De estilo gótico, ten planta de cruz latina cunha soa nave e tres ábsidas cubertas por bóvedas de crucería. As ruínas da anterior igrexa foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO