Coppola, Francis Ford
Realizador, produtor e guionista cinematográfico norteamericano. Iniciouse no cine en 1963 coa película Dementia 13. O éxito conseguido con The Godfather (O Padriño), nas dúas primeiras partes correspondentes a 1971 e 1975, e coas que obtivo tres e seis Oscar respectivamente, permitiulle realizar The Conversation (A conversa, 1973), filme premiado en Cannes. Neses anos escribiu o guión de Patton (1970), filme dirixido por Franklin J. Schaffner, e The great Gastby (O gran Gastby, 1974). Pronto se converteu nun dos principais directores do novo cine norteamericano con películas como Apocalypse now (1979), The Outsiders (Rebeldes, 1983), The Cotton Club (1984), Tucker: The Man and his Dream (Tucker: un home e o seu soño, 1988), The Godfather III (O Padriño III, 1990), Dracula (1992) ou Jack (1996). Como produtor destacan American Graffiti (1973), Kagemusha (1980), Frankestein (1994) e Grapefruit Moon (2000). Participou tamén na montaxe de Supernova (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Detroit, Michigan