"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de hockey a patíns fundado no seo do Colexio Santo Domingo da Coruña. Inaugurado no curso 1955-1956, desde o comezo da súa actividade docente o colexio organizou actividades relacionadas con este deporte. En maio de 1975 o equipo xuvenil conseguiu proclamarse campión de España da súa categoría. Transcorridos 5 anos, na tempada 1979-1980, o equipo senior acadou o ascenso á División de Honor, na que permaneceu ata 1992. En 1990 proclamouse campión da Copa do Rei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de medir as distancias percorridas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para contar o número de voltas dadas pola roda dun vehículo e medir así a distancia percorrida. Forma parte dos contaquilómetros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Creta, fillo de Deucalión e neto de Minos. Como pretendente de Helena, participou na Guerra de Troia; loitou especialmente con Deífobo e Eneas. Mozart compuxo sobre este tema a ópera Idomeneo, re di Creta (1781).
-
-
Que non se pode domar.
-
Que non se deixa someter.
-
-
-
Que non se pode domear.
-
Que non se deixa domear.
-
-
-
Relativo ou pertencente á raza indomelánida.
-
Individuo da raza indomelánida.
-
Raza do grupo melanodermo integrada por individuos dolicocéfalos de talle baixo, beizos grosos, pero non eversivos, cara afiada e nariz non moi ancho. Ocupa basicamente a metade S de India.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode domesticar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina soluble nos disolventes orgánicos. Emprégase como antirreumático, antiinflamatorio e analxésico.
-
-
Que non está domado.
-
Que é dificil de domar ou someter.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés, fillo do pintor e escultor Jean-Marie-Joseph Ingres. Formouse na academia de Tolouse (1791-1797) e no taller de J. L. David en París (1797). Gañou o Prix de Rome (1801) coa tea Les ambassadeurs d’Agamemnon e pintou os retratos de Napoleón I Bonaparte como primeiro cónsul (1804). En Roma (1806) admirou a Rafaello Sanzio e pintou diversas obras que foron mal acollidas polos académicos de París (La baigneuse de Valpinçon, 1808; Jupiter et Thétis, 1811). Achegouse á sensibilidade romántica, sen abandonar a minuciosidade técnica neoclásica (Le sogne d’Ossian, 1813; La Grande Odalisque, 1814). O seu Le Vœux de Louis XIII (1824) e a Apothéose d’Homère (1827), expostas no Salon respectivo, convertérono en bandeira da oposición académica ao romanticismo de Delacroix. Profesor (1829) e presidente (1850) da École des Beaux-Arts, dirixiu Villa Medici en Roma (1834-1841). Trala súa estancia en Roma, foi senador e pintou, entre outras obras, Portrait de Mme....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método indirecto de análise volumétrica de substancias oxidantes, baseado na reacción destas por un exceso de ións ioduro e na valoración cunha solución patrón de tiosulfato do iodo liberado segundo a semiecuación 2I- ä I2+2e-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á iodometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Domingo Martínez de Irala.
-
GALICIA
Poeta. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi lector de español na Universidade de Königsberg. Influído pola obra poética de Antonio Machado, escribiu Campanas de Palo (1959) e Voz en blanco y 3 poemas abstractos (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do fu de Osaka, pertencente á illa de Honshū, Xapón (142.204 h [1991]). Está situada na beira dereita do río Iodogawa, famoso polo cultivo de flor de loto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos landoma ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo landoma.
-
Pobo africano que habita en Guinea. Dedícanse fundamentalmente á agricultura, empregando un sistema de roza e queima. A dieta compleméntase coa caza e a pesca. O seu sistema de goberno, centralizado, está presidido por un xefe principal que delega en diversos xefes de distrito. A súa organización social baséase nun sistema matriarcal. A poboación agrúpase en aldeas, que contan con 100 ou 200 habitantes, repartidas polas chairas e os vales abertos. Practican maioritariamente a relixión musulmana, pero conservan crenzas preislámicas.
-
Lingua do phylum níxer-congo que fala o pobo landoma.
-
-
LAGOS
Lago da República Democrática do Congo. Ten 2.400 km2 de superficie e comunica co lago Kasai.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escritor. Dedicouse á avogacía e ao ensino. Realizou paisaxes e colaborou en diversas publicacións especializadas en artes plásticas. En 1954 fundou a Asociación de Artistas Ferrolanos. Escribiu Bello Piñeiro y su tiempo: ensayo en torno a una figura y a una época de la pintura gallega (1969), Pintura ferrolana (1987), En torno a Pablo Iglesias (1995) e Xacobe e Prisciliano (1997). Pertenceu á Real Academia Galega e á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor chileno. Influído polos naturalistas franceses, foi o primeiro en incorporar o proletariado na narrativa chilena, como nos contos Sub Terra (1904) e Sub Sole (1907).
VER O DETALLE DO TERMO