Ingres, Jean-Auguste-Dominique
Pintor francés, fillo do pintor e escultor Jean-Marie-Joseph Ingres. Formouse na academia de Tolouse (1791-1797) e no taller de J. L. David en París (1797). Gañou o Prix de Rome (1801) coa tea Les ambassadeurs d’Agamemnon e pintou os retratos de Napoleón I Bonaparte como primeiro cónsul (1804). En Roma (1806) admirou a Rafaello Sanzio e pintou diversas obras que foron mal acollidas polos académicos de París (La baigneuse de Valpinçon, 1808; Jupiter et Thétis, 1811). Achegouse á sensibilidade romántica, sen abandonar a minuciosidade técnica neoclásica (Le sogne d’Ossian, 1813; La Grande Odalisque, 1814). O seu Le Vœux de Louis XIII (1824) e a Apothéose d’Homère (1827), expostas no Salon respectivo, convertérono en bandeira da oposición académica ao romanticismo de Delacroix. Profesor (1829) e presidente (1850) da École des Beaux-Arts, dirixiu Villa Medici en Roma (1834-1841). Trala súa estancia en Roma, foi senador e pintou, entre outras obras, Portrait de Mme. Moitessier (1856) e Le bain turc (1862). Foi o mito da perfección e do equilibrio do debuxo e da supremacía deste sobre a cor.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montalban -
Deceso
Lugar : París