"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
-
Relativo ou pertencente ás coniferais.
-
Árbore da orde das coniferais.
-
Orde da clase das coniferópsidas que abrangue as familias das araucariáceas, cefalotaxáceas, cupresáceas, pináceas, podocarpáceas e taxodiáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido cristalizable do zume das coníferas, que se obtén a partir do alcohol coniferílico (constituínte da lignina), e que por desdobramento e oxidación orixina a vanilina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coniferópsido.
-
-
Relativo ou pertencente ás coniferópsidas.
-
Árbore da clase das coniferópsidas.
-
Clase da división das pinófitas que abrangue as ordes das coniferais, cordaitais, taxais e voltziais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á rocha ou ao terreo que contén cunchas.
-
PERSOEIRO
Marqués de Monferrato (1188?-1192), señor de Tiro (1187-1192) e rei electo de Xerusalén, fillo e sucesor de Guillerme III de Monferrato. Axudou a Isaac II Ánxelo na loita contra os xermanos e casou coa súa irmá Teodora, da que se separou pouco despois. Entrou en Tiro en 1187 e, trala defensa do sitio de Saladino, tomou posesión da cidade. Casou en 1190 con Isabel de Anjou, raíña de Xerusalén, pero tivo que vencer, coa axuda de Filipe II Augusto de Francia, a resistencia do rei consorte Guido de Lusignan, apoiado por Ricardo I de Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Oferta realizada en resposta a outra previa ou para mellorar unha anterior que non foi aceptada.
-
Espacio que ofrece unha canle de televisión en lugar do que estaba xa proposto na planificación orixinal. Adóitase empregar en caso de saturación do bloque solicitado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de reaccións afectuosas ou hostís do psicanalista cara ao individuo analizado e particularmente cara á transferencia deste.
-
GALICIA
Compositor e director de bandas militares. Realizou estudios musicais con Rafael Salazar e foi músico do rexemento de Castela na campaña de Marrocos (1859-1860). Recibiu o título de Cabaleiro da Orde de Carlos III e a Medalla de Honor da Guerra de África.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das mimosáceas coñecidas como copaíbas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén coral, especialmente aplicado a illas ou ao fondo do mar.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos despois emigrou a EE UU xunto coa súa muller, Gerty Theresa Cori. Entre os traballos que realizaron conxuntamente, cómpre destacar o estudo das reaccións enzimáticas que acompañan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido lácteo (ciclo de Cori), o dos efectos das hormonas na actividade enzimática e o illamento da α-D-glicosa-1-fosfato (éster de Cori). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa súa muller e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten as flores dispostas en corimbo.
-
GALICIA
Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1888 e doutorouse en Madrid ao ano seguinte. Exerceu como médico en Furís, na súa terra natal, e posteriormente en Lugo. Colaborou cos xornais El Lucense, La Idea Moderna e El Regional, e a partir de 1900 fundou e dirixiu El Monitor de Becerreá. Escribiu tamén artigos médicos para as publicacións El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico. Publicou, entre outras obras: Los contrastes de la vida (1888), Topografía médica de la provincia de Lugo (1891), Estudio médico de los insectos nocivos al hombre (1894), Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898), El contagio de la tisis (1899), Historia fin de siglo (1902) e La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1906). Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Marqués de Mos, conde de Villanueva de San Bernardo e vizconde do Pegullal. Foi membro da orde militar de Alcántara, cabaleiro de Carlos III, mordomo maior de Carlos IV e administrador do estado de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento que implica a substitución dun termo por outro que expresa ou se refire ao mesmo concepto que o primeiro, evitando a súa repetición por cuestións de estilo. O feito de correferencia máis habitual é a substitución pronominal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cortafrío.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciado en Dereito e diplomado en comercio exterior. Foi asesor xurídico, secretario e voceiro da Asociación de Navieiros Galegos, secretario xeral da Asociación Galega de Graniteiros e asesor xurídico e xerente da Asociación Provincial de Empresas Consignatarias e Estibadoras. Membro do Partido Popular (PP), foi concelleiro en Vigo (1991-1997) e deputado autonómico por Pontevedra na V lexislatura (1997-2001). No Parlamento galego foi vicepresidente da comisión de Industria e membro das comisións de Pesca, Televisión e Asuntos Europeos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, pintor e político. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Isidoro Brocos e de Román Navarro. A súa vida artística estivo ligada a esta escola, na que exerceu como profesor dende 1907, como director dende 1931 e como director honorario dende a súa xubilación en 1945. Realizou esculturas públicas, como os bustos de Pondal e Murguía na Coruña e a estatua dos irmáns García Naveira en Betanzos, ademais de numerosas placas conmemorativas. A súa obra pictórica amosa a minuciosidade característica dun ilustrador, labor que desenvolveu en La Voz de Galicia. Membro da Agrupación Socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, aínda que renunciou ao cargo aos sete días. Foi membro da Real Academia Galega (1909) e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Logo de traballar no mundo castrexo, especializouse na arte rupestre. Foi comisario das exposicións Petroglifos del litoral sur de la Ría de Vigo (Vigo, 1985), A arte rupestre galega cara ao século XXI (Vigo, 1998) ou De Vigo a Santiago Arte Rupestre de Galicia (Turín, 2000). Colaborador de diferentes publicacións especializadas, é coautor, entre outros estudios, de Petroglifos del litoral sur de la ría de Vigo (1984), Los grabados rupestres de Galicia (1993), La figura humana en los grabados rupestres del continente europeo (1995), Los grabados rupestres en las regiones del Orinoco (1997), Arte Rupestre al sur de la ría de Vigo (1999) e El arte rupestre de Galicia (2000). Membro do Instituto de Estudios Vigueses, da Asociación Arqueolóxica Viguesa e da International Federation Rock Art Asociation (IFRAO).
VER O DETALLE DO TERMO