Cori, Carl Ferdinand

Cori, Carl Ferdinand

Bioquímico. Estudiou medicina na German University de Praga, centro no que se doutorou en 1920. Dous anos despois emigrou a EE UU xunto coa súa muller, Gerty Theresa Cori. Entre os traballos que realizaron conxuntamente, cómpre destacar o estudo das reaccións enzimáticas que acompañan a conversión do glicóxeno muscular en glicosa, ácido pirúvico e ácido lácteo (ciclo de Cori), o dos efectos das hormonas na actividade enzimática e o illamento da α-D-glicosa-1-fosfato (éster de Cori). En 1947 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía coa súa muller e con B. A. Houssay polos traballos sobre o metabolismo dos glícidos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso

    Lugar : Saint Louis