"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
PERSOEIRO
Poeta portugués. O seu espírito aventureiro levouno a Italia, Flandres ou Brasil. Escribiu Viriato Trágico (1699), un poemario épico onde no Canto XV, titulado “Um sonho profético”, relata os aspectos máis destacados e emocionantes da súa vida en 80 estancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piragüista. Formouse no C. P. Breogán do Grove, e é especialista na modalidade de C-2, en que foi campión de España en 500 e 1000 m (2004), subcampión do mundo en 1000 m (2001) e en maratón (2003), xunto a José Alfredo Bea. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e Sydney (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciouse na pintura desde cativo, en 1912 instalouse en Vilagarcía de Arousa, onde coñeceu a obra de Castelao, que marcou a súa traxectoria artística e espertou o seu interese pola importancia do debuxo como arte. Viaxou a Madrid en 1915 e introduciuse no mundo cultural da capital. De volta a Galicia colaborou en Vida Gallega, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego e xunto con Rafael Dieste e Manuel Antonio comezou a forxar a vangarda galega. Realizou retratos, viñetas e estampas que mostraban o inicio dunha nova xeración, a dos Novos ou dos Renovadores, mentres mantiña tamén relación cos membros da Xeración Nós. En 1926 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e viaxou a París onde perfeccionou a súa técnica, empregando o gravado para a reprodución exacta e a xilografía como medio esclarecedor da forma. Coñecía e rexeitaba o academicismo e en París descubriu a vangarda europea e recibiu a influencia do eslavismo de rusos como M. Larionov ou N. Gontcharova. Percatouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial conserveiro, publicista e escritor. Colaborou na edición de Cien obras de la colección Massó, na fundación do Museo Provincial de Pontevedra e no establecemento da Misión Biolóxica e participou na elaboración do Dicionario da Real Academia Española con numerosas achegas técnicas. Publicou Cantares populares gallegos, Itinerarios turístico gastronómicos de la provincia de Pontevedra (1964), Nuestro futuro alimenticio: pesca y conservas (1964), Comentarios gastronómicos, apéndices sobre Economía Conservera (1967), Origen y desarrollo de la industria conservera en Galicia (1967) e Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal (1975). Foi presidente da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO) entre 1935 e 1937 e membro correspondente da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Instalouse en Galicia, onde cultivou unha pintura realista. Destacan os seus retratos Antonio Rosón (1993), Castelao, S.M. El Rey Don Juan Carlos I (1993), Manuel Fraga Iribarne e Ramón Piñeiro (1995), ademais das súas visións urbanas recollidas na mostra Retratos e Perspectivas Urbanas, das que sobresae Vista de Bilbao. Recibiu o Premio Nacional de Pintura de Venezuela (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Técnico de remo. Participou no campionato de España (1960) e nos Xogos Olímpicos de Roma (1960). Foi xefe do equipo de remo en 1992 e vicepresidente da Federación Española de Remo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e militar. Foi xefe militar da CNT e durante a Guerra Civil Española foi nomeado xefe da XIV división que loitou en Brihuega, e despois, do IV Corpo. Acadou o grao de tenente coronel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Foi director do Museo de Arqueología de Burgos e do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Realizou estudos sobre a toponimia galega, pero destacou polo estudo da metalurxia en Galicia e a definición tipolóxica dos seus elementos máis característicos. Publicou Hachas de talón (1951), Nombres de túmulos y dólmenes en Galicia y Portugal (1954), Hispania Germánica (1966) e Hacha de tope tipo Senra A (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De raíces expresionistas, comezou a utilizar materiais non pitóricos e evolucionou cara á composición de instalacións. Nelas, recreou a escenografía das paisaxes e comezou a búsqueda da cor e utilización de materiais ensamblados. Realizou tamén carpetas de gravados, ensamblaxes e caixas-colaxe, obras derivadas do construtivismo. En 1980 fundou, xunto a Ignacio Basallo, a primeira asociación sindical de artistas plásticos de Galicia. Da súa obra destaca Vela (1982), Pozzu Cangiari’na testa no tutti i testi (1990) e a serie A Revolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Foi deputado (1869-1873), senador (1881-1882) e ministro de Ultramar (1871-1873), de Graza e Xustiza (1871) e de Fomento (1874). Desde 1883 foi senador vitalicio e formou parte do Consello do Estado desde 1888. Firmou o proxecto de lei que aboliu a escravitude en Puerto Rico. Defensor da democracia e partidario do sufraxio universal, interesouse pola lei hipotecaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi director xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Xunta de Galicia (1990-1997), conselleiro da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal e asesor xurídico do Banco de Crédito Agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Militar de profesión, acadou o grao de tenente coronel de Húsares, comezou a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios da Coruña, da que foi profesor e director, e posteriormente na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e en 1887 acadou unha mención honorífica por Un soldado de Cazadores herido y conducido en un caballo blanco por dos soldados de Caballería, uno montado y otro a pie. Ao ano seguinte acadou a medalla de ouro na Exposición Regional de Santiago de Compostela e unha mención honorífica na Exposición Universal de Barcelona. En 1894 obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña e viaxou a Roma e outras cidades europeas. Profesor de debuxo en Barcelona, en 1895 trasladouse definitivamente á Coruña onde permutou a súa praza con José Ruiz Blasco, pai de Picasso. Participou entón nas diversas exposicións rexionais e ao redor de 1916 solicitou o retiro militar e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. De novo emigrou a Cuba onde dirixiu o xornal Las Hijas de Eva e cando volveu a Galicia foi nomeado o primeiro director de El Correo Gallego. Foi deputado provincial pola Coruña e director do Gran Hospital de Compostela. Escribiu o prólogo de Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón, El capricho de mi esposa (1875) e o poemario Romancero de Galicia (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi catedrático de Dereito, maxistrado da Audiencia e coronel do Batallón de Voluntarios de Jesús del Monte en La Habana. Escribiu Idea del Estado, como sujeto de la Hacienda pública, Legislación de Bolsa, Estudio sobre el fundamento y sobre las fuentes del Derecho internacional e Por Galicia: cuartillas y apuntes (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Emigrou coa súa familia en 1938 a Uruguay, onde estudou arquitectura. En 1942 iniciouse na arte coa cerámica e cofundou a revista Apex, onde publicou contos, e a que lle permitiu coñecer ao pintor J. Torres García, clave para a súa formación intelectual. A súa obra caracterizouse por unha figuración construtivista de cores planas e carácter costumista en escenas urbanas, rurais ou naturezas mortas. Pouco despois achegouse á abstracción en que lle deu moita importancia ao material ata que evolucionou cara á plenitude da súa obra coa incorporación do espazo e a luz. Trasladouse a Bos Aires (1947) e desde 1953 comezou a expoñer coa axuda de Luís Seoane. Colaborou coa revista Galicia Emigrante, regresou a Montevideo (1957) e traballou en xornalismo. Destacou polos seus murais de grandes dimensións como o do estadio de Montevideo, Mural del Cerro (1962-1964), onde apareceron de forma explícita as características construtivas do artista, cun emprego...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Especialista en neuroloxía, doutorouse en 1971 na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático e xefe do servizo de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Publicou máis dun centenar de traballos en diversas revistas como Revista clínica Española, Revista Médica de Galicia, Revista de Psiquiatría y Psicología Médica, Medicina clínica ou Gaceta Clínica de Bilbao, Revista clínica de geriatría y gerontologia. Algúns dos artigos publicados nestas revistas son “Síndrome de Turner con coartación de aorta y hemorragia subaracnoidea” (1971), “Atrofía cerebral idiopática” (1972), “Hipertensión intracraneal benigna” (1977) ou “El diagnóstico de las hemorragias cerebelosas” (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e profesor. Foi director xeral de ensino medio da Consellería de Educación (1987-1988) e, en 1988, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Promoveu a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) pola que se crearon as universidades da Coruña e Vigo. Desde 1990 ocupou diversos cargos directivos no Grupo San José.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista, fillo de Ecequiel Ordóñez González. Pertenceu ao Partido Conservador, foi ministro de Graza e Xustiza (1921-1922) e de Mariña (1922). Foi deputado polo distrito de Tui durante dez lexislaturas (1903-1923).
VER O DETALLE DO TERMO