Murado García, Miguel Anxo
Biólogo. Doutorouse en Ciencias Biolóxicas na Universidad Complutense de Madrid (1972). Investigador científico e xefe do departamento de Biotecnoloxía e Acuicultura do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, foi director do Instituto de Investigaciones Pesqueras (1983-1987) e vicedirector do Instituto de Investigacións Mariñas (1990-1994). As súas investigacións centráronse na análise residual, dinámica ambiental, metabolismo e aspectos tóxicos dos compostos organoclorados, na calidade microbiolóxica das augas litorais e na súa influencia no cultivo de moluscos, na biorremediación en ambientes mariños, na produción de probióticos e probiontes, na depuración e bioconservación microbiana de residuos da industria alimentaria e na aplicación de modelos matemáticos a procesos de bioconservación, operación e deseño de bioreactores. Membro do consello editorial da revista Investigaciones Marinas, os seus artigos son habitualmente citados en Science Citation Index (SCI). Das súas obras destaca A contaminación en Galicia. O desarranxo ambiental galego no contexto da crise ecolóxica mundial (1975).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo