"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrónimo que designa o nome dun pantano. Así, por exemplo, o pantano de Valdecañas no río Tajo.
-
-
Relativo ou pertencente ás helotiáceas.
-
Fungo da familia das helotiáceas.
-
Familia de fungos ascomicetos, da orde dos helotiais, con peridio de hifas pálidas e paredes delgadas.
-
-
CIDADES
Cidade do condado de Malmöhus, Suecia, no län de Escania (117.737 h [2000]). Situada no estreito de Resund, é un núcleo industrial importante, con construción naval, industria electromecánica e do calzado. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariakyrkan (s XIV), a torre Kärnan (s XVII) e o castelo de Sofiero (s XIX).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da illa de Sjaelland, Dinamarca (60.131 h [2001]). Porto industrial e comercial ao N de Sjaelland, ten numerosos balnearios, que o converten nun centro turístico importante. Do seu patrimonio cultural destacan os castelos de Kronborg (s XVI), declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade (2000), e o de Marienlyst (ss XVI-XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Helsinqui ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Helsinqui.
-
-
CAPITAIS
Capital de Finlandia e do lääni de Uudenmaan (559.718 h [2001]; 920.000 h na súa aglomeración [estim 1998]). Situada nunha península sobre o golfo de Finlandia, rodeada de numerosos illotes, envólvea o mar por tres costados. A forma da península proporciona numerosos portos: o meridional, o de Sörnäinen e o de Sandviken-Hietalahti. Ademais de ser capital administrativa e política, desenvolveuse o sector industrial: alimentación, metalurxia de transformación, artes gráficas, industria téxtil e da confección, construción naval e industria química. É o principal centro comercial e financeiro finlandés. É sé de bispados católicos, luteranos e ortodoxos rusos. Fundada por Gustavo I de Suecia (1550), substituíu a Turku como capital de Finlandia en 1817. Tras sufrir numerosos bombardeos durante a Guerra Ruso-finlandesa (1939-1940) e a Segunda Guerra Mundial, a celebración dos Xogos Olímpicos de 1952 marcou o inicio da súa expansión. Do seu patrimonio cultural destacan as catedrais luterana...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización para a Seguridade e a Cooperación Europea.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Cultivou os retratos de busto e de grupo, cunha técnica rigorosa e unha coloración fría. Destaca A celebración da paz de Münster (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión habitada polos helvecios, que ocupaba a actual Suíza noroccidental, entre as montañas do Xura, o lago de Xenebra e o Rin. En ocasións emprégase este nome para referirse á totalidade do territorio suízo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo piso e idade que constituía o Mioceno medio, situado sobre o Burdigaliano e baixo o Tortoniano. É o equivalente dos pisos Languiano e Serravaliano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Helveciano.
-
-
helvético.
-
Individuo do pobo helvecio.
-
Pobo celta instalado no s I a C entre Suíza e Alemaña. En 58 a C tentaron establecerse na Galia occidental, pero César obrigounos a recuar, e fundou colonias que serviron como marcas militares. Despois da división administrativa de Augusto, esta rexión foi incorporada á Galia Bélxica. Cara a 260, a presión dos pobos xermánicos obrigounos a refuxiarse nas montañas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás helveláceas.
-
Ascomiceto da familia das helveláceas.
-
Familia de ascomicetos de carpóforos carnosos e elásticos, cunha parte estéril que corresponde ao talo e unha parte fértil que corresponde ao sombreiro que presenta forma de copa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da familia das helveláceas, que presentan un receptáculo rematado por un sombreiro en forma de mitra.
-
-
REPUBLICAS
Goberno establecido en Suíza polo Directorio francés en 1798, despois da ocupación das tropas francesas. Foi disolta por Napoleón en 1803.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Helvecia e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Helvecia.
-
-
PERSOEIRO
Filósofo. Defendeu o sensualismo e destacou a importancia da educación pública. Vinculado aos enciclopedistas, foi un dos precursores ideolóxicos da Revolución Francesa. Das súas obras destacan De l’esprit (1758), De l’homme, de ses facultés intellectuelles et de son éducation (1772) e Les progrès de la raison dans la recherche du vrai (1775) .
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de manganeso e berilio, de fórmula Mn4Be3Si3O12S. Cristaliza no sistema cúbico, é de cor amarela, marrón ou vermella. Ten dureza de 6 e peso específico 3,20-3,44.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e químico alemán. Os seus estudios sobre lentes e a acción da luz contribuíron ao avance na fotografía. En 1819 descubriu a propiedade de fixación do hiposulfito de sosa. En 1839 obtivo unha imaxe sobre unha emulsión ao carbonato de prata, un procedemento que recomendou a Talbot, Daguerre e Bayard. Creador do cianotipo e inventor das palabras ‘negativo’, ‘positivo’ e ‘emulsión’, traballou tamén no campo da microfotografía.
VER O DETALLE DO TERMO