"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

  • Ciencia que estuda os ríos. Ten dúas ramas fundamentais: hidroloxía fluvial, que se ocupa de determinar o caudal dos ríos, precisar o réxime e interpretalo en función dos seus factores, e a dinámica fluvial, que estuda as forzas que as augas fluviais exercen sobre o leito dos ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a actividade racional, ou humana, e que, a partir da observación dos condicionamentos da acción, establece as regras do comportamento. Adoptado polo sociólogo francés A. Espinas (1844-1922), o termo estivo filosoficamente desenvolvido sobre todo por T. M. Kotarbiński (1886), designando a ciencia da acción eficaz e das condicións desta eficacia. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que trata do recto e das súas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os protozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do efecto dos psicofármacos, que comprende, por exemplo, os efectos dos estimulantes e sedantes, alcohol e drogas alucinóxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía experimental que se serve dos métodos da fisioloxía para estudar os fenómenos psíquicos e descubrir as leis cuantitativas que os rexen. Tivo a súa orixe no descubrimento de J. Müller da enerxía específica dos nervios e constituíuse como ciencia co traballo que W. Wundt desenvolveu no campo das sensacións e no estudo dos tempos de reacción. Nútrese das achegas de numerosos laboratorios de psicoloxía experimental e dos estudos neurolóxicos e endocrinolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a conduta e os estados de consciencia ou procesos mentais relacionados con ela, das persoas, consideradas individualmente ou como membros dun grupo social. Pódense distinguir dúas épocas na súa historia, diferenciables tanto polo contido como polo método. A psicoloxía clásica, ou psicoloxía racional, comportaba unha sistematización dos datos empíricos a partir duns presupostos puramente filosófico-metafísicos. A psicoloxía moderna, en cambio, arrinca do método cuantitativo experimental e pode subdividirse na denominada psicoloxía das escolas (o condutismo, a psicanálise, o funcionalismo e o estruturalismo, entre outros) e unha máis sintética e, asemade, máis especializada, psicoloxía contemporánea. Polo que respecta aos métodos ou ás técnicas cómpre destacar os de carácter clínico e os de carácter experimental. Debido á crecente especialización da psicoloxía e á interrelación entre as especialidades, é difícil de establecer unha enumeración das diversas ramas e manifestacións....

      1. Todo o que se refire ou pertence á alma ou psiquismo do home ou ao principio dos animais.

      2. Conxunto de trazos psíquicos, caracterolóxicos e de comportamento que definen a maneira de ser dunha persoa ou dun grupo social.

      3. Síntese dos trazos característicos -históricos, culturais e morais- dun pobo ou dunha nación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que busca as leis e causas das desordes mentais. Caracterízase polo intento de elaborar unha teoría do coñecemento do feito psiquiátrico a partir da observación dos fenómenos patolóxicos do psiquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que estuda os pteridófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. dactiloloxía.

    2. Estudo do carácter, da personalidade e da saúde do individuo a través da forma e aspecto exterior das mans e das liñas que aparecen na palma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de cálculo por medio de variñas divididas en nove espazos, nos que están inscritos os números axeitados para facer con elas multiplicacións e divisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os efectos das radiacións sobre os organismos vivos e os mecanismos que os determinan. Os raios X teñen uns efectos máis prexudiciais canto máis grande e prolongada sexa a actividade reprodutiva dunha célula e menos elevado sexa o seu grao de diferenciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para establecer unha cronoloxía por medio da radioactividade dunha mostra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que utiliza as radiacións ionizantes (raios X ou radiacións emitidas por elementos radioactivos naturais ou por radioisótopos) con fins diagnósticos ou terapéuticos. De todos os medios de diagnose radiolóxica ten especial importacia a tomografía axial computerizada (TAC) e a resonancia magnética nuclear (RMN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente da psicoloxía iniciada a principios do s XX que intenta explicar o comportamento a partir do funcionamento do sistema nervioso, considerando que a conduta pode ser reducida a varios actos reflexos e a diferentes mecanismos cerebrais. Foi iniciada polos fisiólogos rusos Ivan Petrovič Pavlov e Vladimir Mikhajlovič Bekhterev, a partir de experiencias en psicoloxía animal. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia da deformación e do fluxo, que enlaza a mecánica de fluídos coa elasticidade e establece a correlación entre as variables esforzo, deformación, temperatura e tempo da materia considerada como un medio continuo. Estuda o comportamento das substancias con modelos que superan o concepto de corpo sólido indeformable de Euclides e tamén o comportamento mecánico elástico lineal perfecto introducido por Hooke. Os reólogos fisicomatemáticos introduciron os conceptos de fatiga, envellecemento, memoria e fluxo dos corpos. A biorreoloxía establece unha correlación de enfermidades co carácter reolóxico do sangue -hemodinámica- e doutros líquidos fisiolóxicos. A psicorreoloxía enlaza o carácter reolóxico dos alimentos, cosméticos, medicinas e pinturas coa aceptación por parte do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que trata as enfermidades reumáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do nariz, das fosas nasais e das súas afeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • radioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo científico dos sedimentos e dos seus procesos de formación. Analiza os tipos de concas e os ambientes sedimentarios, as estruturas sedimentarias como un expoñente da dinámica sedimentaria e das paleocorrentes, os axentes de transporte e a orixe dos sedimentos alóctonos, ademais dos sedimentos neoformados ou transformados dentro da conca, dos climas e dos solos, e a meteoroloxía dos ambientes sedimentarios.

    2. Rama da estratigrafía que estuda a xénese e as características dos sedimentos que se depositan no momento actual, como tamén os ambientes sedimentarios e a xeometría das concas, para establecer os modelos sedimentarios apropiados e particulares de cada unha.

    VER O DETALLE DO TERMO