radiobioloxía

radiobioloxía

(< 1 radio-+ bioloxía)

s f [BIOL]

Ciencia que estuda os efectos das radiacións sobre os organismos vivos e os mecanismos que os determinan. Os raios X teñen uns efectos máis prexudiciais canto máis grande e prolongada sexa a actividade reprodutiva dunha célula e menos elevado sexa o seu grao de diferenciación.