Radiocinema

Radiocinema
[PUBLIC]

Revista que saíu o 30 de marzo de 1938 co nome de Radio y Cinema, da editora Metyel, de periodicidade quincenal. A idea xurdiu de José Mª de Barbáchano y Cayuela, propietario de Metyel, quen contou con Joaquín Romero Marchent para a dirección. O 15 de xuño de 1938 pasou a denominarse Radiocinema. Con residencia transitoria en Galicia durante a Guerra Civil Española, tivo delegación en Madrid desde o nº 32, editado o 15 de xullo de 1939. Rematada a guerra, trasladouse definitivamente a Madrid, en maio de 1940 (nº 52). Daquela, a súa periodicidade pasou a ser mensual.