"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Bordador. Activo entre 1551 e 1569. Mestre bordador da catedral de Santiago ata 1557, foi o principal especialista desta disciplina na Galicia do seu tempo. Nas súas obras predominou o uso do fío de ouro e as ricas teas toledanas de raso e seda. En 1541 realizou para a confraría da Concepción da catedral un pano fúnebre de veludo negro, decorado coas imaxes de Santiago e de Nosa Señora bordadas en fío de ouro. Nese mesmo ano bordou para a freguesía de San Bertomeu de Pontevedra unha capa litúrxica, adornada cunha representación da ascensión da Virxe, Deus Pai, Cristo resucitado e varios santos. En 1544 elaborou para a confraría do Corpo Santo do gremio de mareantes de Pontevedra diversas pezas de vestiario litúrxico. En 1551 confeccionou por encargo da confraría do Santísimo Sacramento do mosteiro de San Pedro de Soandres (Laracha) un palio de seda carmesí. Para a vara da cruz procesional da capela de San Xoán Apóstolo da catedral de Santiago elaborou dúas mangas de brocado carmesí bordado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxectos de caldeirería, de cobre ou de latón, fabricados na cidade belga de Dinant-sur-Meuse (Namur).

    2. Obxectos de caldeirería realizados con cobre batido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subperíodo do Carbonífero equivalente ao Mississipián. Está situado sobre o Famennián e baixo o Silesián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Dinantián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Dende neno actuou como enlace das guerrillas. Incorporado en 1948 á guerrilla de choque, participou en diversas accións en distintos puntos de Galicia. Foi un dos integrantes do grupo que tentou liberar os guerrilleiros retidos na cárcere da Coruña en 1948. Capturado en Ourense o 18 de novembro de 1949, conmutáronlle a pena de morte por unha cadea de trinta anos. Nos anos sesenta organizou as Comisións Campesiñas de Xinzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Penitente que se azouta coa disciplina, normalmente en Semana Santa. Esta forma de penitencia multitudinaria data do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que discrimina.

    2. Invariante funcional que establece unha relación entre os coeficientes dun polinomio, e permite estudar as súas raíces e outras propiedades. No caso dun polinomio de grao n cunha soa variable, a0xn+a1xn-1+...+an, o discriminante é a expresión


      FORMULA


      En particular, o discriminante dunha ecuación cuadrática ax2+bx+c=0 ten como expresión D=b2 - 4ac.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combinación de sons disonantes ou discordantes.

      2. Calidade dalgúns intervalos ou acordes que producen un efecto de insatisfacción auditiva. Na harmonía tradicional tiña que ir seguida da súa resolución. Eran disonantes os intervalos que non formaban parte dos acordes perfectos ou das súas inversións, os intervalos de segunda, de sétima e todos os aumentados ou diminuídos. Na música moderna, a disonancia adquiriu valor por ela mesma.

    1. Efecto de disharmonía que provocan certos elementos no esquema rítmico dunha composición. Por extensión, alude a todo formante que non concorda co sentido xeral dun poema. Na narratoloxía aplícase ao distanciamento do narrador con respecto á interioridade dos seus personaxes, fronte á consonancia que indica a coincidencia nos sentimentos de ambos. Emprégase tamén para rexistrar o uso irónico da linguaxe que se deriva do desaxuste entre a intrascendencia do contido dun discurso e a elevación da súa expresión ou ao revés.

    2. Falta de acordo ou de harmonía que teñen algunhas cousas entre si.

    3. Estado de tensión producido nun individuo cando dous elementos cognitivos son incompatibles entre eles. O individuo afánase en reducir este estado pouco cómodo, aínda que teña que unir cognicións compatibles ou cambiar unha das cognicións disonantes. Esta teoría foi exposta por primeira vez no ano 1957 por Leon Festinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de horas de Fernando I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista húngaro. Foi discípulo de Hans Koessler na Academia de Budapest e exerceu a docencia na Hochschule de Berlín. En 1944 trasladouse aos EE UU. Artista de visión europea e de sólidos coñecementos profesionais, é autor dunha obra extensa que comprende sinfonías, pezas de cámara, concertos para piano e cuartetos de corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dominante.

    2. Relación existente entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro. A dominancia é completa ou sinxela cando o homocigoto do alelo dominante e o heterocigoto non se distinguen fenotipicamente; recibe tamén o nome de superdominancia ou heterodominancia. É incompleta ou parcial cando o heterocigoto presenta caracteres intermedios entre os dous homocigotos. Entre estas dúas clases pódense dar todos os graos. A dominancia tamén pode ser alternativa, cando cambia no transcurso do desenvolvemento, e condicionada, cando se ve afectada pola presenza de certos xenes, chamados modificadores, ou por variacións de idade, sexo ou ambiente. A dominancia tamén se pode presentar entre series de alelos.

    3. Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.

    4. Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais ata que exista unha certa distancia entre elas e o ápice vexetativo. Prodúcese pola acción das auxinas, que inhiben o crecemento das xemas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.

    2. Aplícase á persoa que tende a dominar os outros de maneira despótica.

      1. Aplícase ao alelo ou á serie de alelos que presentan dominancia.

      2. Aplícase á mutación que produce o alelo ou a serie de alelos dominantes.

    3. Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.

    4. Quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tamén se denomina nota dominante.

    5. Aplícase á propiedade inmoble a favor da que se establece unha servidume.

    6. Termo empregado polos formalistas rusos para referirse ao procedemento ou factor que subordina todos os demais nun texto literario. Por exemplo, a rima e o ritmo considéranse factores dominantes do verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e deseñador. Iniciou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e de audiovisuais na facultade de Arte da Universidade de Vicennes. Residiu en Inglaterra entre 1971 e 1973 e, ao seu regreso, comezou a traballar no terreo da moda masculina. Coa súa familia creou a firma Adolfo Domínguez en 1976. Realizou varias incursións no mundo audiovisual, coa creación dos figurinos para a montaxe da obra A Lagarada, posta en escena polo Centro Dramático Galego (1992), e a produción do filme La Moños, dirixida por Mireia Ros en 1995; e no mundo literario, coa publicación da novela Juan Griego, en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo terreo real de caza, situado en Huelva, orixe do parque nacional de Doñana. En 1624 era propiedade do duque de Medina Sidonia, logo pasou ao duque de Tarifa e máis tarde ao marqués de Borghetto. No 1964 converteuse nunha estación biolóxica do mesmo nome que deu orixe ao parque nacional (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural protexido que ocupa unha superficie de 50.720 ha -das que 10.000 son de propiedade pública- no golfo de Cádiz, na marxe dereita e na desembocadura do río Guadalquivir, dividido entre as provincias de Huelva, Cádiz e Sevilla. Propiedade entre 1309 e 1897 da Casa de Medina-Sidonia, que a obtivo logo da conquista aos árabes, empregouse fundamentalmente como couto de caza e débelle o nome a doña Ana de Silva y Pantoja, que viviu nun pazo no interior do coto a finais do s XVI. Foi declarado parque nacional en 1969. Alberga fundamentalmente tres ecosistemas relacionados: os complexos litorais de praia e dunas, as matogueiras ou cotos, e as marismas. Limita ao N co parque natural de Doñana (54.250 ha), declarado en 1989 e xestionado polo Goberno de Andalucía; nel pódense encontrar matogueiras mediterráneas, áreas húmidas estacionais e arrozais. A marisma forma unha gran planicie semiacuática e lamacenta de 22.000 ha atravesada por correntes de auga -denominadas caños-,...

    VER O DETALLE DO TERMO