"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional, coñecida como Cumio da Terra, realizada en Rio de Janeiro en xuño de 1992 co obxectivo de atopar un equilibrio entre o crecemento económico e demográfico e o respecto ao medio ambiente. Entre outros acordos, aprobouse a convención sobre a diversidade biolóxica (biodiversidade), que entrou en vigor en 1994 e que insta aos estados a preservar as áreas e as especies con interese ecolóxico, e a convención sobre o cambio climático, para o que os estados deben reducir a emisión de dióxido de carbono, entre outros gases, para non provocar cambios climáticos na Terra (obxectivos fixados para o ano 2000). Firmáronse tamén as normas do Programa 21, a Declaración de Rio sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, onde se definen os dereitos e responsabilidades das nacións para o progreso da humanidade, e unha Declaración de Principios. Tamén se estableceron uns períodos extraordinarios de sesións, para os anos 1997 (Cumio da Terra +5) e 2002 (Cumio da Terra +10), para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional creado polas Nacións Unidas en 1964, que se ocupa das cuestións relacionadas co comercio internacional e das relacións económicas entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Reúnese normalmente cada catro anos, desde a primeira, celebrada en Xenebra en 1964, ata a décima, en Bangkok en febreiro do 2000. A UNCTAD edita numerosas publicacións como Bulletin e Trade and Development Report.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra autobiográfica de santo Agostiño escrita entre os anos 397 e 401 en latín, coa dobre finalidade de narrar a súa conversión relixiosa -triunfo da graza divina máis ca un esforzo persoal- e de rexeitar os ataques dos seus detractores e as loanzas excesivas dos que o idolatraban. Composta por trece libros, os tres últimos son unha meditación sobre a creación e o tempo, sobre o coñecemento da Trindade a través da Biblia e da alma. Nos catro primeiros relata a súa infancia e adolescencia, no oitavo a súa conversión, e os últimos dedícaos á investigación filosófica e teolóxica. No derradeiro libro trata un tema central na súa filosofía, o espírito humano como reflexo da Trindade divina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (? - 976) Bispo e confesor da cidade alemá de Constanza (934-976). Da familia dos güelfos, foi bispo de Augsburgo. Peregrinou tres veces a Xerusalén, fundou igrexas e un hospital, e asistiu aos concilios de Ingelheim (948), Augsburgo (952) e Roma (969). Foi canonizado por Calisto II no 1123. Na iconografía viste de pontifical con capa e casula ancha, mitra e báculo; leva como atributo persoal un cáliz cunha araña enriba. A súa festa celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A temática da súa obra centrouse no nu feminino, tendente á abstracción, con volumes sobrios e ondulados. Empregou mármores negros, basaltos e dioritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se sabe porque se nomeou con anterioridade, porque se repetiu máis veces ou porque é habitual nun contexto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Estudou na Accademia di Belli Arti de Palermo (1938-1944). Instalado en Roma, foi un dos fundadores do grupo Forma (1947). A súa obra revelou as influencias vangardistas do cubismo e do futurismo, e unha tendencia á non figuración. Empregou a madeira, o ferro e o bronce. Escribiu diversos ensaios de plástica escultórica, entre os que destaca Consagra che scrive: scritti teorici e polemici, 1947-1989 (Consagra escribe: escritos teóricos e polémicos, 1947-1989, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de consagrar ou consagrarse.

    2. Momento da misa no que se recitan as fórmulas de institución da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de consagrar ou consagrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen consagra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dedicar unha persoa ou unha cousa sagrada a un fin ou a un uso sagrado mediante o rito adecuado.

      2. Pronunciar sobre o pan e o viño as palabras da institución da Eucaristía para así convertelos no Corpo e Sangue de Cristo.

    1. Dedicar algunha cousa a unha actividade que require dedicación e constancia.

    2. Acadar alguén reputación nalgún ámbito.

    3. Establecer algo de xeito firme ou duradeiro.

    4. Dedicarse totalmente a unha actividade, especialmente cando implica un esforzo ou un logro importante.

    5. Consolidarse ou pasar a ter prestixio alguén nunha actividade concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e estadista. Entrou na curia romana en 1783. Como secretario do conclave de Venecia (1799) favoreceu a elección de Pío VII, que o nomeou cardeal e secretario de Estado en 1800. Concluíu o Concordato de 1801 con Francia pero, pola súa inimizade con Napoleón, dimitiu dos seus cargos en 1806 e foi confinado en París (1809) e Reims (1810-1813). Rehabilitado en 1814, representou a Santa Sé no Congreso de Viena (1814-1815) e, á morte de Pío VII en 1823, abandonou os seus cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa que é parente doutra por teren ascendentes comúns.

    2. Aplícase a cada un dos irmáns fillos dun mesmo pai, pero de nai diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación de parentesco, lineal ou colateral, que xorde pola común ascendencia biolóxica e que se computa mediante liñas (conxunto de persoas que teñen unha orixe común) e graos (distancia que media entre persoas situadas na mesma liña). Son parentes consanguíneos aqueles que descenden dun mesmo tronco. Ten importancia, sobre todo, no ámbito matrimonial, pois xera algúns impedimentos para o casamento e tamén ten relevancia xurídica, posto que modifica a capacidade de obrar noutros ámbitos da vida do dereito. O dereito canónico diferencia a consanguinidade natural, cando non é froito de matrimonio lexítimo, e a civil, cando si o é. O dereito civil eliminou esta diferencia, de modo que a consanguinidade constitúe un impedimento para o casamento, aínda que nalgúns casos é dispensable.

    2. Apareamento de dous individuos que teñen lazos de parentesco dentro dunha poboación. Ten como consecuencia o aumento da frecuencia de homocigotos recesivos dentro da poboación, respecto do que ocorrería se o apareamento fose aleatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. De tendencia romántica, escribiu case un centenar de novelas históricas e rurais, unha historia de Bélxica e escolmas de contos e narracións populares. A publicación de De Leeuw van Vlannderen (O león de Flandres, 1838), novela histórica ao xeito de Walter Scott, serviu de base para a reivindicación romántica do neerlandés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facultade psíquica coa que cada individuo conceptúa a realidade propia e a circundante.

    2. Coñecemento inmediato ou espontáneo dunha realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten consciencia ou que se fixo en condicións conscientes.

    2. Que se decata dalgunha cousa.

    3. Que se comporta dunha forma responsable.

    4. Aquilo que pertence ao campo da consciencia. Contraponse a insconciente ou subconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO