"Orio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao olfacto ou á olfacción.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués. Novelista, poeta e crítico literario, destacou como ensaísta. En 1922 escribiu o seu primeiro ensaio Oliveira Martins e Eça de Queirós. Preocupado polo entendimento entre os pobos ibéricos, escribiu Geografia literaria (1955) e Espanha vista pelos portugueses (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ornamento litúrxico, distintivo dos bispos do rito bizantino, que consiste nunha longa faixa ou bufanda que envolve os ombreiros e pendura por diante e por detrás. É semellante ao palio latino.
-
-
Relativo ou pertencente á ondulación.
-
Que ondula.
-
Que se propaga por ondulación.
-
Perturbación progresiva que se propaga nun medio (material ou baleiro), a causa da variación periódica ou oscilación dunha magnitude física (posición dunha ou máis partículas, presión, densidade ou campo eléctrico) ao redor dun valor que se considera de referencia. Cando o que vibra son as partículas dun medio material, fálase de movemento oscilatorio.
-
Teoría segundo a que se explican os diversos fenómenos físicos de interacción e propagación enerxética ou material, asociando unha onda aos corpúsculos elementais que interveñen neles. A primeira teoría ondulatoria da física foi enunciada por Huygens en 1690 ao explicar os fenómenos de propagación da luz. Máis tarde, Hertz, Maxwell, Planck, Einstein e outros, resolveron a teoría ondulatoria da luz e a existencia do éter foi rexeitada. Einstein fixo reconsiderar a antiga teoría corpuscular de Newton e demostrou que a luz, e calquera radiación electromagnética, podía manifestarse en forma de onda ou de partícula. De Broglie enunciou en 1924 a mesma dualidade de comportamento para a materia en xeral, e así naceu a mecánica ondulatoria, base da denominada despois mecánica cuántica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás operacións cirúrxicas.
-
-
Lugar dedicado á pregaria, que comprende desde as capelas autorizadas para a celebración da misa ata simples altares ou fornelas destinados á veneración dos fieis. Os primeiros poden ter o carácter de oratorio público cando todo o mundo ten acceso, de oratorio semipúblico cando acoden só certos grupos determinados, e de oratorio privado cando son erixidos en casas privadas.
-
Drama musical de tema relixioso. Inicialmente foi creado para ser representado, pero axiña perdeu a acción escénica. O oratorio desenvolveuse a partir da Contrarreforma por obra de Filipe Neri, fundador da Congregación do Oratorio, que nas reunións piadosas escenificaba fragmentos da Biblia. A primeira composición que pode ser considerada como oratorio é La rappresentazione di anima e di corpo (1600), de Emilio dei Cavalieri. Dos grandes mestres do oratorio italiano destaca G. Carissimi (Jepthe, 1650). Unha das figuras máis destacadas do barroco foi G.F. Händel (Israel in Egypt, 1739, Messiah, 1742, Judas Maccabaeus, 1747 e Solomon, 1749). J. S. Bach, escribiu, ademais do Weihnachts Oratorium (Oratorio de Nadal, 1734), as paixóns, que son unha modalidade de oratorio. Tamén destaca, a finais do s XVIII, F. J. Haydn, con Die Schöpfung (A creación, 1798) e Die Jahreszeiten (As estacións, 1801). No s XIX...
-
Institución fundada polos salesianos encamiñada á diversión dos mozos os días de festa, consistente en xogos, veladas literario-musicais e oracións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade clerical de dereito pontificio, sen votos, fundada en Roma en 1564 por san Filipe Neri. Erixida en congregación por Gregorio XIII (1575), as súas constitucións foron confirmadas en 1612 por Paulo V. O fundador non quixo fundar ningunha congregación xerarquizada e centralizada, de tipo clásico, senón unha congregación de sacerdotes seculares, unidos arredor do fundador sen ningún outro vínculo que a caridade e o apostolado de cara aos cristiáns. As fundacións posteriores non teñen dependencia xurídica ningunha da de Roma. Pierre de Bérulle fixo unha adaptación desta sociedade en Francia (1611).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao orador ou á oratoria.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, que está situado na ría homónima, ao SL de Donostia (4.421 h [2001]). A pesca e a industria conserveira e da madeira constitúen os recursos económicos principais do municipio. É lugar de paso dos peregrinos que desde Donostia se dirixen a Santiago de Compostela. Do seu patrimonio cultural destacan as covas con pinturas rupestres, próximas a Altxerri.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (54.390 h [2001]). Posúe agricultura e industrias de alimentación, de madeira, de calzado e do moble. O sector dos servizos está máis desenvolvido grazas, en parte, ao investimento turístico. Foi reconquistada por Afonso X e en 1296 intregrouse no Reino de València. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, declarada Ben de Interese Cultural en 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos oriólidos.
-
Ave da familia dos oriólidos.
-
Familia de aves, da orde dos paseriformes, de 20 a 30 cm, que teñen o peteiro forte, de forma cónica, cun pequeno gancho no extremo, son de cores vivas, presentan dimorfismo sexual e teñen 10 rémixes primarias e 12 rectrices. Habitan en Asia, África, Oceanía e Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos oriólidos, que presentan o corpo de tamaño medio, a plumaxe de cores rechamantes e un voo ondulante e rápido. En Galicia aparece o ouriolo (O. ouriolus), que vive sobre árbores frondosas e en bosques de ribeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Orión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral que se sitúa entre as constelacións Xémini, Unicornio, Lebre e Tauro. Contén 209 estrelas visibles a simple vista, dúas delas son de primeira magnitude, cinco de segunda e catro de terceira. Os seus astros principais, Betelgeuse, Rigel e Bellatrix, xunto con χ-Ori, determinan un rectángulo case regular que está dividido en dous por unha liña case paralela aos lados máis curtos e que está determinada por tres estrelas, que se coñecen co nome de Cinto de Orión. Contén a Gran Nebulosa de Orión, unha parte da que se observa coma unha nube escura chamada Cabeza de Cabalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xigante mitolóxico. Fillo de Posidón, foi dotado dunha beleza extraordinaria e Eos namorouse del. Ansiou casar con Mérope, pero o pai dela, o Rei Enopión, non o quixo por xenro. Embebedouno e baleiroulle os ollos, abandonándoo na beira do mar. Ártemis fíxoo matar servíndose dun escorpión, polo que, despois de converterse os dous en constelación, Orión foxe sempre de Escorpión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das tres estrelas aliñadas e relativamente brillantes que pertencen a Orión, situadas nas rexións medias da constelación, e que aparentemente debuxan a cintura da figura mitolóxica. OBS: Tamén se denomina Tres Reis ou Tres Marías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enxame de meteoros co radiante na parte N da constelación de Orión. Aparece entre o 16 e o 26 de outubro, cando a Terra pasa preto da órbita do cometa Halley, que produce uns residuos que son a orixe do enxame.
-
PERSOEIRO
Xurista e político italiano. Foi primeiro ministro (1917-1919) e retirouse da vida pública durante o fascismo, pero volveu en 1944 e foi senador. Das súas obras xurídicas destacan Principî di diritto costituzionale (1889) e Principî di diritto amministrativo (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que oscila.
-
Perturbación progresiva que se propaga nun medio material a causa da vibración periódica das partículas que o forman. É un caso de movemento ondulatorio. Ao vibrar, segundo as partículas se despracen nunha dirección perpendicular ou paralela á propagación do movemento ondulatorio, denomínase transversal ou lonxitudinal, respectivamente.
-
-
-
ariante gráfica do antropónimo masculino Osoiro.
-
Liñaxe galega con orixe arredor do s X. Durante o s XIV foron señores de Lugo e tiveron baixo o seu dominio algunhas vilas da Terra de Santiago, á vez que tentaron ter o poder na cidade de Santiago de Compostela xunto aos Moscoso. En Lugo, durante o s XV, aumentaron o seu control pola usurpación de terras de dominio eclesiástico. Trae como armas, en campo de ouro, dous lobos desollados postos en pau; bordura de goles con oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de sinople, unha banda de goles, bordura de azul; en campo de goles, unha ponte, de prata; e, en campo de goles, tres faixas, de ouro, bordura de sinople, con seis aspas, de goles, perfiladas de ouro e seis estrelas, de ouro, alternando. Outra trae, en campo de prata, dous lobos pasantes, de goles; bordura de goles, con oito aspas, de prata.
-