ondulatorio -ria

ondulatorio -ria

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á ondulación.

  2. adx

    Que ondula.

    Sinónimos: ondeante, ondulante.
  3. adx

    Que se propaga por ondulación.

  4. movemento ondulatorio [FÍS]

    Perturbación progresiva que se propaga nun medio (material ou baleiro), a causa da variación periódica ou oscilación dunha magnitude física (posición dunha ou máis partículas, presión, densidade ou campo eléctrico) ao redor dun valor que se considera de referencia. Cando o que vibra son as partículas dun medio material, fálase de movemento oscilatorio.

  5. teoría ondulatoria [FÍS]

    Teoría segundo a que se explican os diversos fenómenos físicos de interacción e propagación enerxética ou material, asociando unha onda aos corpúsculos elementais que interveñen neles. A primeira teoría ondulatoria da física foi enunciada por Huygens en 1690 ao explicar os fenómenos de propagación da luz. Máis tarde, Hertz, Maxwell, Planck, Einstein e outros, resolveron a teoría ondulatoria da luz e a existencia do éter foi rexeitada. Einstein fixo reconsiderar a antiga teoría corpuscular de Newton e demostrou que a luz, e calquera radiación electromagnética, podía manifestarse en forma de onda ou de partícula. De Broglie enunciou en 1924 a mesma dualidade de comportamento para a materia en xeral, e así naceu a mecánica ondulatoria, base da denominada despois mecánica cuántica.

Palabras veciñas

ondulador -ra | ondulante | ondular | ondulatorio -ria | one-step* | Onega | Onega