"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
PERSOEIRO
Escritor. Catedrático de Literatura Española no Institut Jaume Balmes de Barcelona e director do Institut del Teatre, formou parte do movemento vangardista catalán e colaborou no primeiro, e único, Full Groc (1929). Da súa produción cómpre destacar: El reverso de la belleza (1956), Discursos para sordos (1968), América vibra en mí (1969), El barroco literario (1970), El calendario inútil (1970), El ocio atento (1974), En torno a Azorín (1975) e Entre la vida y los libros (1984). Membro da Real Academia Española e da Real Acadèmia des Bones Lletres de Barcelona, recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora e filóloga. Licenciouse en Historia Antiga e doutorouse en Filoloxía Clásica pola Universidad Complutense de Madrid coa tese Las Ninfas en la literatura y en el arte de la Grecia arcaica (1996). Foi investigadora visitante na Harvard University (1992-1994), profesora de bacharelato e dende 1998 profesora do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo español do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (1988-1996). Colaborou en Cuadernos de Filología Clásica, Gallaecia e Revista de Literatura, e escribiu, entre outros, Imágenes para un texto. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2000), Imágenes para un texto II. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2002) e Lecturas del mito griego (2002) con J. C. Bermejo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia artística italiana de carácter futurista que se caracterizou polo gusto pola velocidade pura. Pertenceron a ela, entre outros, Carrá, Marinetti e Severini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dobre’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno relativo aos fungos que presentan dúas formas de zoosporas. As zoosporas primarias liberadas, despois de se enquistaren, orixinan unha zoospora secundaria que formará agrupacións celulares; posteriormente, enquistarán e xerminarán co que orixina un tubo xerminal e unha hifa. O período entre esporas primarias e secundarias varía segundo as especies. Pode ocorrer que as zoosporas primarias non cheguen a saír do esporanxio e só sexan libres as secundarias. Este fenómeno preséntano, entre outros, os fungos do xénero Saprolegnia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos gobiesócidos, ao que pertencen algúns peixes lapa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de telecomunicacións consistente en transmitir dúas mensaxes na mesma dirección e a través dunha canle de transmisión única.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise que afecta a partes simétricas do corpo. Tamén se denomina parálise bilateral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento que permite combinar dúas ou máis entradas, con bandas de frecuencia non coincidentes, con mínimas perdas de inserción e grande illamento entre as entradas, xa que se trata de filtros de banda conectados a cada entrada e cunha saída común. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
dipl(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie que completa o seu ciclo por medio de dous individuos, as máis das veces de aparencia distinta, como é o caso dos fentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
diblástico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anfibios, da orde dos nectrídeos, de ata 1 m de lonxitude, con cabeza enorme de forma triangular expandida e coas extremidades e a cola curtas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Microorganismo constituído por dous cocos unidos nun mesmo casulo de xeito indisociable. As máis das especies coñecidas son patóxenas no home, como os gonococos, os meningococos e os pneumococos.
-
-
Relativo ou pertencente aos diplodócidos.
-
Dinosauro pertencente á familia dos diplodócidos.
-
Familia de dinosauros, da infraorde dos saurópodos, de pescozos e colas moi longos, corpo e extremidades delgadas e cabeza diminuta. Eran relativamente lixeiros, comparados cos braquiosauros, ao presentaren as vértebras con moitos ocos que se convertían nun complexo enreixado que seguía soportando as mesmas forzas ca as vértebras macizas doutros animais. A familia comprende os xéneros: Brontosaurus, Dicraeosaurus, Diplodocus e Mamenchisaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de ata 30 m de lonxitude -dos que máis de 7 correspondían ao pescozo e 14 á cola-. A cabeza nos adultos medía uns 60 cm e pesaba de 10 a 11 toneladas. A etimoloxía do nome (gr διπλόος ‘dobre’ + δοκός ‘viga’) fai referencia a unha característica especial da columna vertebral; tiña pequenos ósos detrás da columna vertebral, cunha peza que ía cara a adiante, e outra que ía cara a atrás. As extremidades posteriores eran máis longas ca as anteriores. Posuían uns músculos poderosos que unían os ósos da pelve e as vértebras axudaban a manter en suspensión unha longa cola que terminaba nunha punta flexible coma un látigo. Malia a gran lonxitude deste animal, as enormes cavidades nas súas vértebras apuntan a que pesaba arredor dos 18.000 quilos. Alimentábase de fentos, ginkos, coníferas e do resto da vexetación que crecía nas pradeiras nese período. Tamén podía acceder ás copas das árbores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos espáridos, ao que pertencen os sargos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido óseo esponxoso situado entre dúas capas de óso compacto máis duro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao diploedro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma xeométrica pertencente á hemiedria paramórfica do sistema cúbico. Ten 24 caras en forma de trapecio.