diplodócido -da

diplodócido -da

(< lat científico Diplodocus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos diplodócidos.

  2. s m [PALEONT]

    Dinosauro pertencente á familia dos diplodócidos.

  3. s m pl [PALEONT]

    Familia de dinosauros, da infraorde dos saurópodos, de pescozos e colas moi longos, corpo e extremidades delgadas e cabeza diminuta. Eran relativamente lixeiros, comparados cos braquiosauros, ao presentaren as vértebras con moitos ocos que se convertían nun complexo enreixado que seguía soportando as mesmas forzas ca as vértebras macizas doutros animais. A familia comprende os xéneros: Brontosaurus, Dicraeosaurus, Diplodocus e Mamenchisaurus.

Palabras veciñas

diploblástico -ca | Diplocaulus | diplococo | diplodócido -da | Diplodocus | Diplodus | díploe