"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.
-
PERSOEIRO
Rei de Polonia (1386-1434), fillo do gran príncipe Olgerd I de Lituania. Primeiro monarca da dinastía Jagellón, accedeu ao trono ao casar con Eduvixe, filla do Rei Luís I. Loitou contra a orde teutónica (1410, 1413-1414 e 1422).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Roma, Italia, situada na costa do Mar Tirreno (19.877 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Polinomios en O dados pola expresión xenérica
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
Cumpren a fórmula de recurrencia (n+1)Ln+1(x)+(x-2n-1)Ln(x)+n Ln-1(x)=0, e son solucións da ecuación diferencial de Lagurre xy’’ + (1-x)y’ + ny = 0. -
ENTRADA LARGA
Polinomios en O dados pola expresión xenérica
FORMULA
Responden á fórmula de recorrencia (n+1)Pn+1(x)-(2n+1)Pn(x)+nPn-1(x) = 0, e son solucións da ecuación diferencial de Legendre, (1-x2)yn - 2xy´ + n(n+1)y = 0 Os primeiros polinomios son P0(x) = 1, P1(x) = x, P2(x) = (3x2-1)/2. Dan resposta á seguinte ortogonalidade:
FORMULA4
, onde äpqé o símbolo de Kronecker.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Representante do clasicismo francés, compuxo poemas, relatos en verso e pezas dramáticas. Da súa produción destacan Egléoch Annet (1800) e Den vackra bederskan (A bela pregaria). Foi membro da Academia Sueca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Leopoldo/Leopoldina.
-
PERSOEIRO
Margrave de Austria. Fundou santuarios e mosteiros como o de Santa Cruz de Viena (1127). A súa festividade celébrase o 15 novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico, rei de Xermania e de Bohemia, arquiduque de Austria (1657-1705), rei de Hungría (1655-1705) e segundo fillo e sucesor de Fernando III. Tentou ampliar os dominios patrimoniais na área danubiana, en detrimento de Turquía, e loitou coa Francia de Luís XIV pola preeminencia en Europa. Despois da derrota do exército turco que asediou Viena (1683), ocupou a chaira húngara e Transilvania, ao tempo que promoveu a Alianza da Haia e a Liga de Augsburgo contra o expansionismo de Luís XIV. O enfrontamento con Francia culminou na Guerra de Sucesión Española, onde sostivo as pretensións á coroa do arquiduque Carlos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Austria e Estiria (1308-1326), fillo do duque Alberte I. Coñecido tamén como Leopoldo VIII, en 1308 recibiu as posesións de Suabia e de Alsacia. En 1314 foi derrotado polos suízos en Morgarten.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bélxica (1831-1865), fillo do duque Francisco de Saxonia-Coburg-Gotha. Rexeitou a coroa de Grecia, a causa do desacordo coas potencias (1830) pero ao ano seguinte aceptou a de Bélxica ao obter o apoio do Congreso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leopoldo II.
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico, rei de Xermania, de Hungría e de Bohemia (1790-1792) e primeiro gran duque de Toscana (Leopoldo I de Toscana, 1765-1790), segundo fillo de Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Á morte do pai recibiu Toscana, onde aplicou as doutrinas do despotismo ilustrado e promoveu numerosas reformas, para facer máis eficiente a administración e desenvolver a economía. Designado emperador á morte do seu irmán Xosé II, restableceu o dominio austríaco en Brabante e en Liexa (1790-1791). Resolveu as diferencias xurdidas con Prusia por motivo de Polonia e asinou a Paz de Sistova cos turcos en 1791.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bélxica (1865-1909) e da colonia do Congo Belga (1885-1907). Sucedeu o seu pai, Leopoldo I, e co apoio de Reino Unido seguiu unha política de neutralidade en Europa. En 1876 fundou a Asociación Internacional Africana, que organizou e explotou economicamante o Congo en beneficio do rei. En 1908 cedeu a colonia a Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran duque de Toscana (1824-1848 e 1849-1859), fillo de Fernando III e neto do Emperador Leopoldo II. Soberano liberal, concedeulle unha constitución aos seus súbditos, pero en 1848 tivo que fuxir trala instauración dun goberno provisional republicano. Restablecido no poder coa axuda de Austria, foi expulsado definitivamente en 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago da República Democrática do Congo. Ten 2.400 km2 de superficie e comunica co lago Kasai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Austria (1358 -1386), fillo de Alberte II. Encargouse do goberno dos dominios austríacos co seu irmán Alberte III, e no reparto de Neuberg quedou cos ducados de Estiria, Carintia e Carniola, co Condado do Tirol e o Landgraviato de Alsacia. Morreu combatendo os suízos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Bélxica (1934-1951). Sucedeu o seu pai Alberte I e en 1939, iniciada a Segunda Guerra Mundial, declarouse neutral. Rendeuse despois da invasión alemá (1940) e foi suspendido nas súas funcións despois da guerra, polo que se estableceu en Suíza (1945). Un plebiscito permitiulle volver a Bélxica (1950), pero en 1951 foi obrigado a abdicar no seu fillo Balduíno I de Bélxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica que deriva de Leudbald ou Leudbold, composto de *liut- ‘pobo, xente’ e *baltha- ‘audaz, coraxudo’. Para a forma feminina presenta a variante Leopolda e o hipocorístico Chedas. Utilizaron moito este nome duques e arquiduques da casa de Austria ou de Habsburgo (ss XII-XVIII), emperadores de Austria como Leopoldo I (1640-1705) e Leopoldo II (1747-1792), reis de Bélxica (ss XVIII-XX) como Leopoldo I, II e III ou san Leopoldo de Austria (1073-1136). Na iconografía viste indumentaria real, ás veces con manto de armiño e coroa ducal na cabeza, e leva como atributos un estandarte coas armas de Austria e unha maqueta de igrexa ou de mosteiro, e outras veces está rodeado de 18 nenos (os seus fillos). A súa festividade celébrase o 15 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da cidade de Kinshasa.