Leopoldo I
Leopoldo I
Emperador romano-xermánico, rei de Xermania e de Bohemia, arquiduque de Austria (1657-1705), rei de Hungría (1655-1705) e segundo fillo e sucesor de Fernando III. Tentou ampliar os dominios patrimoniais na área danubiana, en detrimento de Turquía, e loitou coa Francia de Luís XIV pola preeminencia en Europa. Despois da derrota do exército turco que asediou Viena (1683), ocupou a chaira húngara e Transilvania, ao tempo que promoveu a Alianza da Haia e a Liga de Augsburgo contra o expansionismo de Luís XIV. O enfrontamento con Francia culminou na Guerra de Sucesión Española, onde sostivo as pretensións á coroa do arquiduque Carlos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso